ORacing Vilálbes está volvendo a vivir unha temporada histórica. Aínda soan os ecos pola Terra Chá do curso 2010/2011 na que o equipo de Vilalba conseguira por primeira vez na súa longa traxectoria meterse nunha promoción de ascenso. Por aquel entón, non estaba no equipo Javi Pita (O Vicedo, 1991), que se atopaba pelexando un posto no primeiro equipo do CD Lugo en Segunda B. Posteriomente, si estaría no equipo chairego para volverse marchar na búsqueda de máis minutos. Agora, coa recaída da lesión de Viusky, Pita retorna ó Vilalbés. Despois do seu paso pola Sarriana chega ao Racing para pelexarse un posto pola titularidade xunto a Marcos Souto e axudar a que o equipo volva repetila fazaña de acadar postos de play off.

Pregunta: ¿Cómo se produiu o teu regreso ó Racing Vilalbés?

Resposta: Xurdiu a opción de volver coa recaída de Viuski. O Racing é un clube ó que lle teño moito cariño por cómo é a xente, por como funciona o clube, por cómo se traballa…e na anterior etapa estivera moi cómodo.

P: ¿Foi difícil tomar a decisión de deixar a Sarriana?

R: Doeume porque alí dende o primeiro día todo o mundo me tratou moi ben e a situación deportiva non é boa. Pero o Racing non é un clube calquera para min e tiña gañas de volver á Terceira División. Quérolle agradecer de novo á Sarriana o trato e as facilidades que me deron.

P: ¿Cal é a túa intención agora no Vilalbés? ¿O obxectivo é ser titular?

R: Tratar de aportar o máximo ó equipo. A mellor forma que sei de facelo é traballando duro. Iso mellorarame a min e a Marcos. A decisión da titularidade debe tomala Óscar. Eu aportarei traballo para ser mellores e acadar o obxectivo grupal, que a estas alturas é o play-off.

Javi Pita, novo porteiro do Racing Vilalbés (Foto: El Progreso)

P: Con ese obxectivo de play-off, cómo valoras o partido fronte ó Bouzas?

R: En xullo supoño que a meta que o Racing se marcou sería a salvación. Pero nunha temporada os obxectivos poden variar segundo vaian as cousas. Agora o propósito é manterse entre os catro primeiros. Agardamos poder conseguilo e meter en promoción de ascenso ó Racing por segunda vez na súa historia. En canto ó encontro co Bouzas será un «partidazo» no que sairemos a gañar dende o primeiro minuto e demostrar que imos en serio nesta segunda volta.

P: A pesar da túa xuventude xa contas cunha amplia experiencia en clubes da provincia, chegando á máxima categoría co CD Lugo. ¿Cal é o mellor recordo que gardas ata o momento?

R: Escoller un é complicado. Quizáis me quede coa miña tempada como senior co CD Lugo, no que fomos campións de grupo en Segunda «B». Foi un ano espectacular malia non conseguir o ascenso a Segunda División.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*