Leva anos sendo un dos máis destacados da Primeira Autonómica lucense. Formado nas categorías inferiores no Viveiro, co que chegou a debutar en Preferente, e tras un breve paso polo Iberia, chegou a un Xove Lago co que xogou seis anos, onde viviu situacións de tódolos colores. Diego Chao, emprende unha nova aventura, desta volta no ambicioso proxecta da S.D. Burela. Charlamos con él.

FUTBOLINLUGO: Cambias o verde do Xove Lago polo do Burela. Que foi o que máis pesou para mudar de equipo?

DIEGO CHAO: Mostraron un gran interese por min en todo momento, e ademáis contan cun gran proxecto deportivo.

«Avecíñase unha temporada moi igualada e competitiva en Primeira Autonómica»

FIL: Ademáis do teu fichaxe, o Burela incorporou outros xogadores de nivel. Que obxectivo vos marcades para esta vindeira temporada?

DC: Sinceramente, quedar entre os cinco primeiros. Sabemos da dificultade desta liga, polo que para logralo o traballo durante tódalas semanas do ano ten que ser moi bo para acadalo.

FIL: Como ves o grupo lucense de Primeira respecto da temporada pasada?

DC: A priori, e vendo como se están reforzando os demáis equipos, vai ser un ano moi igualado e competitivo, polo que as diferencias serán mínimas.

FIL: Volvendo ao Xove Lago, que valoración fas dos cinco anos que estiveche alí?

DC: Foron magníficos. Foi a miña segunda casa durante seis temporadas. Pasamos momentos bos e malos, pero sobre todo quédome coa xente que traballa para o clube e con tódolos compañeiros que tiven durante esta etapa, dos cales só teño palabras de agradecemento polo seu apoio e confianza. Desde aquí desexarlles toda a sorte do mundo nesta temporada, menos contra o Burela (risas).

«Eu apostaría fortemente pola canteira, non só para un partido cando hai escaseza de efectivos»

FIL: Cal cres que foi a clave de que non vos saíran as cousas a pasada temporada? A plantilla parecía mellor que a do ano anterior.

DC: Sobre todo o comezo de liga. Vímonos obrigados a xogar fóra da casa os cinco primeiros partidos, nos cales só sumamos dous puntos. A partir de ahí surxiron os nervios, ansiedade e sobre todo, falta de puntería cara o gol, provocados polos malos resultados. E nunha categoría tan igualada penalizounos moito.

Diego Chao dispara a porta na súa etapa no Xove Lago

FIL: Non cres que os xogadores da Mariña teñen que facer moitos méritos para xogar en Preferente? Por que cres que non se aposta pola xente da casa?

DC: Esa pregunta tería que contestala as respectivas directivas. É un tema do que se ven falando ultimamente. Na miña humilde opinión teríase que apostar fortemente pola canteira e darlles as suficientes oportunidades aos  rapaces para que podan triunfar no equipo do seu pobo. De nada serve tirar de canteira cando un equipo ten escaseza de efectivos nun partido, pero despois non volve contar con eles o resto do ano. En resume, falta confianza e valor para este tipo de decisións.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*