Diario dun mercado. Episodio 52

As competicións están a piques de comezar, e os clubes apuran ao máximo o mercado de fichaxes para facerse con xogadores que, á longo prazo, poden ser determinantes no devenir das ligas!

Carta de despedida de Hugo Criado.

Comezando pola Terceira División, como Futbolinlugo anunciou hai uns días, o Somozas fixo oficial a fichaxe de Hugo Criado, quen deixa atrás unha longa etapa no equipo da súa vila, o Racing Villalbés. A carta de despedida de Hugo para toda a familia do conxunto chairego é, canto menos, emocionante.

Cambiando á Primeira Galicia, son varios equipos os que chegan con novidades, especialmente no sur da provincia. O Lemos incorporou a Toto, dianteiro centro arxentino, mentres que o Ferreira realizou catro fichaxes para chegar a un número de 19 xogadores no seu plantel. As catro incorporacións son Brais, meta que xogou no Incio, Huguito, central con pasado no Escairón, Sergio, o mediapunta do Chantada a pasada campaña e Samba, dianteiro centro senegalés. E xa na Terceira Galicia, temos unha gran novidade. Javi Regueiro regresa ao fútbol para xogar no Fonsagrada. O dianteiro era toda unha promesa do noso fútbol, chegando a anotar 38 goles en liga galega cadete! Agora que se pode compaxinar fútbol sala e fútbol, o xogador do Ribeira FS federarase en ambos deportes. Mesma fórmula e mesmos equipos para o seu compañeiro Javi Freijo.

Javi Regueiro.

Na base, o CD Lugo Xuvenil “A”, militante na División de Honra, fíxose cos servizos do mediocentro Isma Martínez, ex-xogador do Real Club Celta. Tamén, como nos adiantaba Líder Lugo no seu portal web, hai novidades no Viveiro. Os xogadores David Ben, Noel Luis Pernas incorpóranse ao conxunto celeste nas súas distintas categorías (xuvenil, cadete e infantil, respectivamente). En canto aos adestradores, Jandri será o encargado do equipo infantil.

Tamén na base, e tamén na Mariña, a SD Ribadeo presentou a algún dos seus adestradores para a próxima campaña: Modesto Bermúdez (Benxamín “B”), Lolo e Santi (Benxamín “A”), Iván e Miguel (Alevín “B”), Iriarte e Amaro (Alevín “A”), Moro y Rotxa (Infantil Asturias), Roberto Acebedo e Rubén Acebedo (Infantil Galicia), Suso Coto e Guillermo (Cadete) e Salva e “Valenciano” (Xuvenil).

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*