Nesta semana son moitos os equipos que están volvendo a vestirse coa roupa dos adestramentos xa que comezan a preparar a nova temporada. Non obstante, o cadro de futbolistas aínda non está pechado en moitos deles e os clubs seguen acudindo ao mercado. Na Preferente Norte, o Escairón fichou ao dianteiro Ibrahima Ndiaye «Ibou» que xa conta con experiencia na categoría. Foi xogador do Lemos nun tramo da temporada 2015/2016. A pasada campaña xogou co As Pontes na Terceira División onde participou en 22 encontros e anotou dous goles. Pola súa banda, Duque é baixa no Lugo B, falta saber agora cal será o seu destino.

Breo chega ao Brollón procedente do Sober

Na Primeira o Burela anunciou a renovación de Juan Pablo, mentras que Diego Quiroga seguirá un ano máis no Lemos. Na Segunda o Brollón refórzase coa chegada de Breo e ao Palas chegan Panucci, Mendoza e Martín. O equipo adestrado por Quintela xa ten planificados os seus amigables de verán. O día 5 enfrontarase ao Santiso, o 12 ao Friol, o 19 ao Chantada e o 27 ao Antas.

O Sporting Lucense iniciou hoxe a súa pretemporada. O conxunto da capital da provincia conta coa continuidade de Michu, Lolo, Jacobo e Darío. Ademais chegan procedentes do San Roque José Luís, Senen, Purri e Rubén Pena.

Na Terceira o Friol B, encadrado no grupo centro , fichou ao medio centro Manu Amor A pesar da súa xuventude xa debutou con 14 anos na Primeira Galicia vestindo a camisola do Sagrado Corazón nun encontro na Pinguela ante o Lemos. Pola súa banda, o Quiroga comezará a pretemporada o próximo martes.

No que respecta a base, o Sagrado Corazón suma un novo técnico. O xoven vilalbés Asier Lozano farase cargo dun equipo de fútbol 8. Algo que complementará xunto coa súa faceta de ser adestrador axudante noutros equipos do club.

Comparte
                                                                           

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*