Canario afrontará a súa última campaña como capitán do Foz

O mercado non para nin a finais de semana. E acumúlansenos os movementos. Así que, sen máis dilación, imos con elo. Comezamos pola Preferente onde o capitán Canario certificou a súa continuidade no Foz unha campaña máis. Un anuncio peculiar na súa conta de Instagram co cancelo #thelastseason. O que fai indicar que será a temporada da súa despedida. Deste xeito, Canario é unha das primeiras renovacións do cadro de Javi Chinchón, que anunciará máis novidades esta mesma semana. Sen movernos de categoría, a Residencia tamén aposta pola continuidade. Os capitalinos confirmaron de xeito oficial o que xa era un secreto a voces: Álvaro Meilán mantense aos mandos escoltado polo emblemático Antonio Gómez como segundo. Ademais, o Lemos fichou ao xove Rubén Porto. O mediocentro, formado nas canteiras de Lugo, Monterroso e Palas; confía en agradar ao técnico Edu Rodríguez.

A Primeira concentra a maioría de noticias deste Diario dun mercado. Comezamos polo banco da Veiga. Todo apunta a que nas próximas horas será oficial a chegada de Jandri Rego a Riotorto, o antigo preparador do Folgueiro. O que xa está confirmado e o que anunciabamos no noso Twitter esta mesma mañá. O lateral zurdo Alvarito deixa a Sarriana para recalar no potente proxecto do Pol. En Chantada, non paran de moverse. A SD renovou ao meta Álex Porto e Gonza así como aos bisoños Pichu, Antón, David e Raúl. No equipo feminino, fixeron o propio con Nati, Tania e Candy. Os veciños do Atlético apostaron pola continuidade de Pablo, Cristian e Saúl. E por dúas fichaxes máis: o atacante César, ex do Lemos; e o extremo esquerdo Javier Vázquez, con pasado en Cea, Peroxa, Maside e Arnoia. Por último, o Sporting Pontenova anunciou as renovacións dos seguintes xogadores: Diego, Fran Fiallega, Villy, Iván, Álvaro, Juan, Borja Lombardero, Puente, Álex, Cristian Nabriga, Charly e Pablo Castrín. Sube dende o xuvenil David Rodríguez.

Jesús Vázquez ‘Alcalde’ Tallón chega ao Corgo despois de ser seleccionador no I All Star Futbolinlugo

Na Segunda, regresa aos bancos un clásico da provincia. O todoterreo Jesús Vázquez Tallón farase cargo dun Corgo, que aposta pola seriedade tras un par de campañas un tanto convulsas. Será profeta na súa terra, tarefa de todo menos doada. No capítulo de fichaxes, o meta Brais Lombao (Outeiro de Rei) e o mediocentro Michi apostan polo Abadín. O Cabreiros mantén aos Marcos, Isma, Joni Montes e Carballeira.
Na Terceira, Ruboi seguirá á fronte do Quiroga. Senén fará o propio no Rubián. E o Lemos B ten novo xogador: Alex Sanmartino. Por último, o Carballedo xa confirmou ao seu adestrador: o ex do Chantada B, Rodrigo Amarante. E tamén anunciou as renovacións de Braisiño, Virulé e Adrián Lobelle así coma os capitáns Pupín e Guerra. No cadro feminino, seguirán Sariña, Verónica Carballo, Paloma Delgado, Aino, Silvia Lobelle, Marquina, Bugueiro e Noelia Pereira.
Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*