*Pastoricense-Ferreira: Dani marcou para o Pastoricense aos 37 segundos. Denis respondeu no ecuador da primeira metade cun dos goles da temporada, dende uns 60 metros. Os de Vittín levaron a victoria con dous goles nos últimos dez minutos. O Ferreira necesita case un miragre para salvar a categoría.

*Xermade-Riotorto: O Riotorto castigou en exceso ao Xermade. Os de Labrada deixaron os goles para a segunda metade. Os chairegos quedan con pé e medio na Segunda Galicia.

*Bóveda-Sarriana: Nun encontro con moito público, o líder pasou a apisonadora. Dous goles en cada tempo para poñer a directa cara a Preferente. Rubén asinou un doblete.

*Páramo-San Ciprián: O Páramo colle vantaxe na loita por evitar os arrastres. Os de Fontal marcaron nos momentos clave da segunda metade tras un primeiro tempo que finalizou en empate a un gol. Os das Rapadas anotaron xusto despois do descanso e do segundo gol do San Ciprián. Robertito foi decisivo cun hat trick.

*Xove Lago-Santaballés: Empate nun encontro de poder a poder. O Santaballés foi mellor na primeira metade porén non aproveitou as súas ocasións. O mesmo sucedeulle ao Xove Lago na reanudación. Os de Sancosmed mandaron despois do descanso. Iso sí, non viron porta.

*Taboada-Valadouro: Guerreiro, de penalti, e o xuvenil Dieguiño foron os autores dos goles. Este último, de saque de esquina olímpico. O Taboada gáñalle o golaverage particular ao Valadouro na loita por evitar os temidos arrastres.

*San Roque-Lemos: Tarde de desgrazas para o San Roque. Manu ‘rompeuse’ (lesión muscular) na carreira por evitar o segundo gol. E xusto antes do descanso, os verdibrancos quedaron con dez pola expulsión de Fabián. O Lemos mostrou a súa solidez unha semana máis, con doblete incluido de Armesto.

*Sporting Pontenova-Chantada: A Pontenova deu a campanada da xornada. Victoria fundamental dos de Dani Moirón ante un Chantada que se despide definitivamente do sono do ascenso. Adrián Pasarín, clave cun doblete.

*Foz-Monterroso: O cadro de Adrián Vázquez marchou gañando ao descanso. Na segunda metade, nun Martínez Otero encharcado, Asier marcou por partida doble. E Ibán Gayol contribuiu á causa cun gol máis. As concesións defensivas do Monterroso foron unha losa demasiado grande, a pesares de que o Foz non foi quen de poñerse por diante ata o minuto 75.

Comparte
                              

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*