*Burela-Sporting Pontenova: Sorpresa na Marosa. O colista venceu pola mínima despois de xerar boas e numerosas ocasións ante o Burela. Non foi o mellor partido dos de Jaime Méndez, que sufriron ante as rápidas transicións do Sporting Pontenova. Matelo selou os tres puntos cun gol nas postrimerías do encontro.

*Pastoricense-Pol: Gandoy abriu a lata moi pronto. Así foi todo máis doado para o Pastoricense. Con orde e balóns á espalda da defensa do Pol, fixo o resto. O propio Gandoy fixo o segundo antes do descanso. Os de Abad fóronse arriba na reanudación. Sen xerar demasiado peligro, ante un rival que puxo a guinda cun gran gol de Dani despois dunha conducción dende a medular.

*Outeiro de Rei-San Ciprián: Efectividade nunha primeira metade na que chegaron todos os goles e o Outeiro levou o peso do partido. Borja e Racha perdonaron o empate para os visitantes na reanudación. Dani Renda, Román e Jesús desperdiciaron oportunidades para lograr un resultado máis cómodo. Aínda así, os de Cholas seguen fortes na pelexa polo ascenso.

*Taboada-Páramo: Seguen os problemas para un Páramo que firmou unha boa primeira metade. Adiantouse cun tanto de Robertito de penalti. O Taboada aumentou unha marcha despois de pasar polos vestiarios e firmaron a remontada. Os de Martín Murado empataron nun saque de banda e conseguiron o segundo nun cabezazo a un centro lateral. Álex González regresou ao Páramo. E coma titular na portería.

*Riotorto-Monterroso: O cadro de Adrián Vázquez recupera confianza cun importantísimo triunfo ante un Riotorto en horas baixas. O Riotorto perdonou ao inicio e Pardo adiantou ao Monterroso nunha contra. O único gol do encontro, pasado o ecuador da primeira metade. A partires de aí, impúxose o esforzo defensivo visitante. Os de Labrada seguen pelexados co gol.

*Chantada Atlético-Atlético Escairón: Derbi disputado no Sangoñedo, no que ningún equipo viu porta. O balón parado mandou nunha primeira metade sen apenas ocasións. No segundo tempo, mantívose a mesma tónica. A oportunidade máis clara foi do Chantada Atlético. Dani marrou no man a man ante Carrasco. Os de Fran García creen de cheo na permanencia.

*Friol-Chantada: Duelo entretido e intenso na Reigosa. O Friol sobrepúxose á expulsión de Bruno, por unha protesta, pasada a media hora de xogo. E empatou o gol inicial do Chantada antes do descanso. Na reanudación, os visitantes deron un paso adiante e colleron unha renda de dous goles. Os de Jon Vázquez metéronse de novo no encontro nun balón parado. Puideron empatar no desconto pero o que o fixo foi o cadro de Juan Rodríguez. Cuarto e definitivo gol a porta baleira co tempo xa cumplido.

*Xove Lago-Santaballés: Golpe sobre a mesa dun Xove Lago moi serio. O cadro de Dani Moirón deu un paso atrás no seu soño dun posible ascenso. Na primeira metade, primou o respecto entre ambos equipos. Os de José Manuel saíron tralo descanso dispostos a facer a machada. E vaia se o fixeron. Tres e goles e a sensación de ter a todo un Santaballés maniatado.

*Lemos-Residencia: Igualdade nos dez primeiros minutos, cun gol por barba. Despois, o Lemos dominou e insistiu na área rival. Os de Edu firmaron dous goles máis antes do descanso. Os monfortinos controlaron e administraron a súa vantaxe na segunda metade. Impediron o contragolpe da Residencia e mesmo lograron o cuarto e definitivo tanto.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*