A conta atrás cara o sábado xa comezou. E hoxe queremos comunicarvos os catro concursos que se celebrarán o Día D, da Semana S. A data sinalada para a primeira gran festa do fútbol lucense.

A inscrición está aberta a todos @s nos@s futbolistas e siareiros da provincia (vía Whatsapp ou correo electrónico). Xoguen ou non algún dos partidos das estrelas. Só poñemos dúas condicións. Apuntarse a un só dos concursos antes do próximo xoves 27 ás 22.00 horas. E ser maior de 16 anos. De ser posible, gustaríanos que cada participante acudise cunha camiseta antiga, vintage, do seu equipo. É un bo momento para tirar de hemeroteca e vislumbrar a moda pasada no noso fútbol.

E sen máis dilación, explicámosvos os catro xogos que temos entre mans.

Córner olímpico: Nun dos currunchos do verde da Marosa, os xogadores buscarán conseguir o maior número de goles posible ata que só quede un gañador. Un erro pode resultar fatal e quedar fóra de xogo 😉

Habilidade: Montaremos un pequeno circuito de obstáculos con balón. O que o solvente no menor tempo posible, resultará vencedor.

Precisión: Disparo ao longueiro. Comezarase dende o punto de penalti, afastándose progresivamente ata o centro do campo en caso de ser necesario. Ata que só quede un. O que teña maior puntería ou as uñas máis duras.

Futbolín humano: Tiñamos que facer honra ao noso home. Grazas a Activity Burela contaremos cun Futbolín humano. No que botaremos partidiños rápidos entre equipos que faremos nós entre os inscritos. Veremos que equipo se logra impoñer nesta primeira edición! Ese mesmo Futbolín quedará a disposición dos máis pequenos e non tan pequenos, durante toda a tarde. Queremos que o noso público participe de cheo na festa de todo o balompé lucense.

Por último, aumentamos ata mañá ao mediodía o prazo para anotarse á cea posterior ao All Star. Debido á boa acollida da mesma entre o noso público. Podedes facelo a través de Whatsapp, con algún dos catro membros do equipo de redacción. Ou enviando un correo a futbolinlugo@gmail.com Recordamos que será as 22.30 horas na Marquesa de Burela, cun menú de 20 euros. 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*