Logo dun par de temporadas en Preferente, no Saviñao corren tempos de cambios. Co descenso de categoría, Óscar López, presidente do Atlético Escairón, deulle un aire completamente distinto ao plantel de xogadores. Posiblemente este feito está retrasando a chegada dos resultados que se agardan dun conxunto chegado de categoría superior, aínda que as sensacións están a ser positivas.

Asier, celebrando un tanto a pasada xornada ante o Monterroso. Foi autor xa de seis tantos

Un dos xogadores que continúa do ano pasado é Asier. Logo do seu paso pola Terceira División, nas filas do Barbadás, o monfortino é unha das referencias do conxunto adestrado polo seu pai, Eskalza. Falamos con él.

FUTBOLINLUGO: Na pasada xornada empatastes ante o Monterroso nun partido que se vos puxo de cara na primeira metade para só poder rescatar un punto no último minuto.

ASIER: Non foi o noso mellor partido nin moito menos, pero fixemos méritos suficientes para levar os tres puntos. Non podemos cometer erros tan graves en defensa indo ao descanso cun 2-0 a favor.

FIL: Agora tócavos visitar ao Páramo. Malia que eres baixa por sanción, como afronta o Escairón este encontro?

A: Con moitas gañas e rabia de acadalos tres puntos. O certo é que temos moitas baixas, incluíndome eu por acumulación de tarxetas. Pero estou seguro de que este domingo o equipo vai saír victorioso.

«Somos un moi bo grupo que aínda se está consolidando» 

FIL: Agardabas poder estar pelexando polo ascenso a estas alturas de temporada?

A: En ningún momento o obxectivo do Atlético Escairón foi o ascenso. O obxectivo real é pelexar para quedar o máis arriba posible e se nas últimas xornadas de liga temos a posibilidade de loitar por él, loitaremos, pero sen obsesionarnos porque non é o primordial.

FIL: Cal cres que é o motivo de non estar nos postos altos da clasificación? O plantel sufriu moitos cambios respecto a temporada pasada.

A: O oitenta por cento do equipo é novo. Do ano pasado só seguimos Aitor, Félix, Pandiani, Alami e eu. Polo momento a sorte parece que non está con nós, tivemos encontros nos que foi moi inxusto perder, pero o fútbol é así, por iso é tan bonito. Pero eu confío nos meus compañeiros para sacar isto adiante. Somos un moi bo grupo que aínda se etá consolidando.

Asier, no encontro desta temporada ante o Taboada

FIL: Cres que aínda é posible engancharse aos equipos que loitan polo ascenso?

A: Por suposto, como tamén o é rematar na última praza. Quedan 19 encontros, 57 puntos en xogo e vamos a pelexar cada un deles. Penso que iremos hacia arriba, merecémolo, e vamos traballar duro para ir subindo postos na tabla, comezando por gañar este fin de semana nas Rapadas.

«Sempre lle estarei agradecido a Moisés Pereiro, gracias a él debutei en Terceira con dezaoito anos» 

FIL: Que equipos ves con máis opcións de rematar dando o salto de categoría?

A: O único que vexo ascendido é o Lemos, está un peldaño por enriba dos demáis. O resto somos equipos moi parellos e pode pasar de todo. Outeiro de Rei e Santaballés demostraron ser dous equipos moi constantes, pero para min o que ten tódalas opcións de xogar na Preferente é o Club Lemos.

FIL: Logo do teu paso polo Lugo e xogar en Preferente na Sarriana e en Terceira co Barbadás, que te motivou a vir ao Escairón e continuar este ano en Primeira?

A: O ano pasado unha inoportuna lesión de nocello en Barbadás e os malos resultados que estábamos colleitando, optando o clube por trocar de adestrador e facer novos fichaxes. Os minutos reducíronse en comparación cos primeiros partidos de liga e Charly que recén chegara ao banco do Escairón falou conmigo e non o dudei. Sempre lle estarei agradecido ao Barbadás e a Moisés Pereiro , xa que, grazas a eles debutei en Terceira  con tan só dezaoito anos.

Este ano motivoume seguir o feito de que meu pai fose o adestrador, e tamén por toda a xente do equipo, somos como unha familia. Tiven ofertas de Preferente e Terceira, pero non me arrepinto de quedarme a defender esta camiseta.

FIL: Aspiras a voltar a Terceira, ou incluso máis arriba?

A: Agora mesmo no único que penso é en traballar para cambialas cousas no Atlético Escairón. Pero si que un día agardo volver a xogar en Terceira. Un xogador non se pode poñer un teito. Ás veces non se chega e outras este rómpese e segues subindo. Pero quédame moito por aprender, traballar e mellorar.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*