O fútbol local interesa
Comeza a liga e algún aínda anda de festa. Avanza a competición e a xente séntase ao pé do lume. Pero ao final terminan rendíndose ante o poder do fútbol de pobo. Cando os equipos se xogan todo non fallan. Dinnos dende Quiroga que se xuntaron arredor de 300 persoas no San Martiño. Locais e visitantes. O partido era das chamadas citas chaves do curso. Rematou con empate a cero entre o Quiroga e o Paradela. O cadro de Rubén Bergantiños non puido cantalo ascenso polo golaverage en contra co Castroverde. O cadro quirogués mantén a segunda praza.
Ver esta publicación en Instagram
Nunca é tarde para volver
Esta fin de semana na provincia houbo quen volveu a calzar as botas. Intuímos que coa ilusión dun rapaz. Dani Méndez, máis coñecido como Dani Chinchón, volveu aos terreos de xogo. Vestiu a camisola do Celta Barreiros e portou o número 22. O seu equipo venceu pola mínima no Catro Ventos ante o Cazás cun dobrete de Álvaro. A vitoria supuxo que o cadro de Barreiros volva aos postos de promoción. Semella que Dani non perdeu a forma física. Os celestes fixeron catro trocos, pero Dani aguantou os 90 minutos.
(o seu instagram está privada pero cremos que non lle parece mal que lle fixeramos captura)
40 anos só se cumpren unha vez
Non sabemos se van soplar as velas, pero por Pol andan argallando unha boa. A SD Pol chega aos 40 anos e hai que celebralo. O equipo prepara unha festa para o 30 de marzo na Carballeira de Mosteiro. Comida e música con carpa climatizada. Mágoa que ese día se adiante a hora. O día seguinte resolverá se foi unha hora menos de festa ou unha hora máis de saúde para o corpo. Por certo que esa finde hai fútbol. Será a 28ª xornada de Liga na Primeira Rexional. Albiscamos que o Xove Lago – Pol igual non é o domingo.
@s porteir@s vólvense citar para a batalla
@s gardamallas quedaron con gañas de máis. Xa está en marcha a II Batalla organizada polo Racing Club Vilalbés. O 19 de marzo, Venres Santo, @s cancerbeir@s rétanse cara a cara. Polo momento aínda non están abertas as inscricións, pero xa se coñecen as categorías establecidas. Estaremos pendentes.