Os equipos da Terceira Rexional teñen que discorrer a que lle dedican a fin de semana para evitar perder o ritmo ante os paróns da categoría (dous neste mes de outubro, a maiores dos que teñen os dous equipos que descansan cada xornada no grupo sur). Non obstante, noutros campos os descansos viñeron obrigados por mor do primeiro temporal do inverno que trouxo #FútbolNaLama.
O Celta Barreiros é segundo clasificado no grupo norte da Terceira Autonómica logo de cinco xornadas. O cadro celeste foi un dos equipos que máis se reforzou da categoría neste curso. Incluso a semana pasada fixo unha nova fichaxe, a do dianteiro Xian procedente do Mondoñedo de Segunda. Nesta fin de semana na que non houbo xornada na Terceira, o cadro do Cascabeiro aproveitou para xogar o xa tradicional encontro entre os xogadores actuais e os veteráns do Barreiros. Un día de fraternidade para facerlle fronte ao frío.
Ver esta publicación en Instagram
Si houbo xornada na Segunda onde un dos encontros máis emocionantes estivo no Boa Vista. O Folgueiro púxose por diante tres veces no marcador e en dúas desas o Cervo conseguiu igualar. Nos últimos intres de encontro, o cadro adestrado por Antonio Martín que se estreaba no banco, puido sacar un punto diante dun dos favoritos. O penalti errado imposibilitou a puntuación.
Rematou o encontro en Boavista. Victoria por 4-3 a prol do Folgueiro. Partido cun gol fantasma e con este penalti errado no último minuto que podía darlle o empate ao Cervo #FutbolNaLama @futbolinlugo pic.twitter.com/u894lOdPR7
— Pedro Bustelo (@PedroBustelo14) October 27, 2018
Por último, o inverno xa nos deixou claro que está aquí. Comezan os tradicionais temporais, que sempre caen en fin de semana. Esta pasada xornada a neve e o frío fixeron acto de presenza ademais do vento e a auga. Entre todos eles, leváronse por diante dous encontros: o Páramo-Xove Lago na Primeira e o Candelaria-Lourenzá na Segunda. Unha forte saraibada obrigou a suspender este choque, que se disputará este xoves 1 de novembro a partires das 16.15 horas.
⚠️🚨Suspendido o ⚽️encontro nas 🏟Rapadas o non dispor de auga por non haber ⚡️electricidade en todo o Concello de 📍O Páramo
📣ℹ️Informaremos da 📆data para a que se fixe o @SDOParamo 🆚 UD Xove Lago #forzaXove💚
— UD Xove Lago (@UDXoveLago) October 28, 2018
[themoneytizer id=»15360-16″]