Hoxe falamos con tres xuvenís do CD Palas, equipo que non deixa de acadar éxitos e de sorprender co seu fútbol. De feito, cada vez é maior a masa social que se despraza aos Chacotes cada 15 días para ver xogar a estes rapaces!

O pasado sábado 15 de abril, o CD Palas proclamouse campión en categoría xuvenil do II Torneo Promesas Xosé Manuel Alvelo, celebrado en Monterroso. A isto hai que sumar que o conxunto está a disputar a 2ª Fase de Primeira Autonómica lucense, e loita por facerse cunha das dúas primeiras prazas nesta liguilla que dan acceso á promoción de ascenso á Liga Galega.

Non obstante, non é casualidade que estes  xogadores estean a firmar una gran campaña. Xa en idades cadete e infantil, o bloque xogou polo ascenso á Liga Galega. Este ano, a maioría dos xogadores están no seu segundo ano de xuvenís, polo que, de non conseguir o ascenso nesta campaña, de seguro o farán na próxima.

Xesús xa está afeito a gañar títulos co CD Palas.

Falamos con tres dos seus grandes pilares para coñecer un pouco máis acerca do día a día nos Chacotes: Xesús, Ángel e Gabi.

Xesús xoga ou ben de extremo ou de dianteiro. É un pesadelo para as defensas rivais pola súa zurda e o amplo dinamismo do seu xogo. Según el mesmo di, entrar na fase de ascenso esta tempada é una tarefa complicada, pero aínda non dan nada por perdido, máis tendo en conta a confianza que lles otorgou vencer no torneo. Xesús xogou una campaña na SDC Residencia e sinala que, a pesar do bo trato recibido e que sempre estivo cómodo na Cheda, na casa séntese mellor que en ningures.

 

 

 

Gabi, capitán do equipo xuvenil, xa dispotou partidos en Segunda Autonómica.

Gabi é o capitán do equipo, pero di que a figura do capitán no seu Palas queda nun segundo plano, posto que o grupo está moi unido. Apunta que o ambiente de fútbol que se respira nos Chacotes é realmente bo, non só pola cantidade de xente que acude aos partidos, senón porque, por norma, non hai enfrontamentos co árbitro ou con outras afecciones.

Ángel atesora unha gran calidade na súa perna dereita.

 

 

Ángel di que o seu fútbol consiste en tocar moito o balón, mediante paredes ou pases, sempre cara diante en busca do gol. Sinala que disfruta gañando copas ou torneos e, aínda que sabe que o ascenso está complicado este ano tentarán loitar por el, e xa na próxima campaña buscarán estar o máis arriba posible.

Os tres xogadores din que, sen dúbida, o que máis lles gusta do fútbol e o que máis disfrutan del é a posibilidade de facer o que máis lles gusta cos seus amigos, co borollismo existente entre eles e coa deportividade reinando. Isto pon de manifesto a unión do vestiario deste gran CD Palas, ao que desexamos todos os éxitos posibles!

Comparte
            

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*