Levo toda a miña vida adicada ao fútbol, primeiro como xogador e agora como adestrador. Coñezo ben todo o que rodea a este deporte, dende categoría biberón ata sénior e, agora que son pai, resístome a que o meu fillo sexa partícipe da competitividade no fútbol de formación. 

É certo que non se pode xeralizar, pero tampouco podemos ocultar a excesiva competitividade que temos no noso fútbol de canteira. Unha problemática que vimos arrastrando nos últimos anos.

Asústame primeiro como pai e logo como afeccionado, como adestradores e clubs son quen de competir dende as categorías máis pequenas. Importándolles só os resultados, sen mirar máis alá do sentir e das inquietudes que poida ter o nen@.

Estamos ante unha sociedade que solo premia aos vencedores e sinala os ‘derrotados’. Non importa como foi o proceso nin o que se puidera levar por diante, só importa a vitoria, o éxito.

Ese proceso é unha vida, que debería levar unha traxectoria de aprendizaxe, para en primeiro lugar formar persoas e dentro de esas persoas, deportistas. 

Non sexamos adestradores senón formadores. Temos a enorme responsabilidade de ensinarlle aos máis pequenos todos os valores positivos da vida. Inculquemos o respeto, o esforzo, o compañeirismo, a diversión, e deixémonos de mirar os resultados. Olvidémonos das clasificacións e centrémonos no realmente importante, os nenos. Temos que darlles o pracer de gozar xogando sen ningún tipo de rivalidade. Educalos para a vida mediante a práctica do deporte, miremos polo futuro dos protagonistas. 

Tampouco me poido esquecer das familias, moitas delas axudan a alimentar ese espírito de competición e dan equivocadas consignas individualizadas aos seus fillos desde as bancadas en días de partido. Pensando que son auténticos astros do balón. Dediquemos a nosa presenza en animar a todo o equipo, sexamos útiles para o grupo e para o noso fillo.

Por todo isto cómpre cambiar de rumbo, e todos (clubs, adestradores, familiares) temos a obriga moral de facelo, polo ben dos nosos nen@s e polo ben do noso fútbol.

Recuperemos o DEPORTE para o fútbol de formación.

Aquí vos deixo a miña opinión, o debate está servido.

Diego Fernández Martínez ‘Carra’. Adestrador do C.D San Ciprián

Comparte
                                 

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*