Os grandes aspirantes da base lucense

Como ben saben os nosos lectores, Futbolinlugo dedica todos os domingos ao fútbol base, outorgando así o recoñecemento que merecen todos os rapaces e rapazas de entre seis e dezanove anos que cada fin de semana se visten de curto para defender uns colores e loitar xunto aos seus amigos por unha victoria.

Os campionatos provinciais están a ser o tema central das últimas semanas. Xa rematados, coñecemos aos distintos equipos que teñen acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega (no caso de infantís, cadetes e xuvenís) e aos clubes que contarán con representación nos Campionatos Galegos de Fútbol-8.

Analizando as estatísticas, Futbolinlugo caeu na conta de que nas categorías de fútbol once reinan tres equipos: Racing Vilalbés, Residencia e Polvorín. A participación nas fases de ascenso está repartida entre estes tres clubes.

O conxunto chairego quedou na segunda praza na categoría infantil e loitará ata o último momento polo ascenso. En categoría cadete, o Racing xa conta cun equipo na Liga Galega e en xuvenís, o equipo “A” está a piques de asinar o ascenso á División de Honra, mentres que o xuvenil “B” foi o campión do provincial, e xogará por una praza na Liga Galega Xuvenil a próxima campaña.

 

A Residencia cadete foi a campioa do Provincial.

No caso do clube da Cheda xa é habitual a súa presenza neste tipo de fases. Os cadetes foron os primeiros clasificados do seu provincial e os xuvenís remataron a liga no segundo posto, polo que a Residencia terá dobre representación nas fases de ascenso. Os infantís son os únicos que disputaron a Liga Galega esta campaña.

 

 

Montirón quere un ascenso que abarrote o barrio de ledicia.

 

Tamén cómpre falar do eterno aspirante, o Polvorín. Despois de varios anos nos que se viu eliminado nas eliminatorias definitivas, este ano o clube de Montirón pode facer historia, xa que tanto infantís (campións do Provincial) como os cadetes (segundos clasificados) son serios candidatos ao ascenso.

Nas categorías de Fútbol-8, o dominante é o CD Lugo. Os albivermellos conseguiron unha praza en todas as categorías (prebenxamíns, benxamíns e alevíns) que lles da acceso ao Galego. O Racing Vilalbés conta neste caso con representación na categoría prebenxamín, e a Residencia en benxamíns. O outro representante lucense é o Porto Burela, que viaxará a Ribeira para disputar a o campionato alevín.

Por último, hai que facer una gran referencia ao CP Calsancio. O clube monfortino, ademáis de contar con varios equipos en Liga Galega e Nacional, clasificou aos seus prebenxamíns e benxamíns para a disputa do Campionato Galego. Tamén o xuvenil “B” entrou na fase de ascenso que lle pode dar unha praza na Liga Galega o próximo ano.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*