Sete anos despois, Viveiro e Foz voltan a verse as caras en competición oficial na Preferente Norte. Será este domingo ás 18 horas en Cantarrana. Un derbi mariñán que chega logo de que ámbolos conxuntos estrearan a pasada xornada o seu casilleiro de puntos, polo que, o que acade a victoria poderá comezar a mirar cara arriba na táboa clasificatoria.
Un derbi sempre é un encontro especial, máis cando é deste nivel de proximidade. Pero máis aínda se a pasada temporada defendiche as cores do rival do domingo. É o caso de Xenxo. O dianteiro burelao, logo de dúas campañas no Viveiro, decidiu cambiar de aires e convertiuse na referencia ofensiva do conxunto adestrado por Gayol.
Falamos con Xenxo sobre o derbi deste domingo, así como da temporada do Club Deportivo Foz.
FUTBOLINLUGO: Na quinta xornada xa tes que enfrontarte ao teu ex equipo. Será un encontro especial para ti?


XENXO: Si, será un encontro moi especial. Volver a Cantarrana un ano despois con outra camiseta motívame moito. É un campo que me encanta e teño moitas ganas de voltar xogar alí.
FIL: Moitos vaciles ou algún pique durante a semana?
X: Algúns dos meus mellores amigos xogan no Viveiro, e a semana pasada fixemos unha comida todos xuntos . . . así que imaxínate! Tivemos bastantes piques pero sempre dentro da amizade e do bo rollo.

«Quédanos moita guerra que dar esta temporada»
FIL: O pasado domingo lograstes a primeira victoria da temporada. Quitástesvos un peso de enriba?
X: A verdade é que si. Creo que nos facía falta unha victoria para coller confianza e seguir traballando con máis motivación e máis tranquilidade.

FIL: Como estás a ver ao Foz este ano do retorno á Preferente?
X: Vexo un equipo moi ilusionado e cunha calidade indiscutible. A pesar de ser un equipo bastante xove, creo que nos queda moita guerra por dar esta temporada.
«Asier e Ibán Gayol son xogadores diferentes. Xogar preto deles facilítame o meu traballo»
FIL: Levades dez goles encaixados. A debilidade defensiva pode ser o punto máis frouxo do equipo neste comezo de temporada?
X: Costounos un pouco empezar, pero pouco a pouco estamos collendo esa solvencia defensiva e a pesar de encaixar tamén conseguimos marcar en tódolos partidos e crear moitas ocasións.
FIL: A nivel persoal, estás vendo portería e xa levas tres goles. Como te atopas no teu novo club?
X: Moi cómodo. Ter a Asier e a Ibán Gayol cerca axúdame moito. Son dous xogadores diferentes que fan que me sexa máis doado realizar o meu traballo. O resto tamén poñen un nivel moi alto ao fútbol de ataque que fai posible que entre máis en xogo e creemos bastantes ocasións.
«Aposto por un 0-2 en Cantarrana»
FIL: Foi unha decisión complicada tomar a decisión de deixalo Viveiro este verán?
X: Por suposto que foi difícil. Nos dous anos que militei no club tratáronme xenial e este último o vestiario era incrible e claro que me costou despedirme porque como ben dixen antes, teño moi bos amigos. Pero hai que arriscar e no me arrepinto da miña decisión, xa que estou moi contento co grupo formado en Foz, tanto con xogadores, directiva e adestradores.

FIL: Que é o que máis che preocupa do Viveiro o vindeiro domingo?
X: O seu potencial ofensivo. Ten xente moi rápida e con moita calidade arriba. No caso de xogar Arturo, que é un xogador para min excelente, teremos que estar todo o encontro pendentes del.
FIL: Atréveste cun pronóstico?
X: Non me gustan moito as quinielas, pero eu apostaría por un 0-2.