O Ribadeo remonta o voo logo dun difícil comezo ligueiro. O conxunto mariñán sumou por primeira vez dúas vitorias consecutivas, unha delas o pasado domingo no campo da Pinguela fronte ao Lemos. Os de Luchi manteñen unha renda de catro puntos sobre os postos de descenso.
En terras monfortinas fixo o seu debut Xavi Iriarte, xogador aínda en idade xuvenil, que decidiu voltar ao club no que comezou a súa andaina futbolistica, tras un longo periplo na base do CD Lugo e outro máis breve no Real Avilés.
Xavi Iriarte pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo e respostou ás preguntas de Juan Carlos Rodríguez, conductor do espazo radiofónico e de Diego Díaz, redactor de Futbolinlugo.
Podes escoitar aquí a entrevista íntegra:
Chegar e encher. «Foi moi emocionante porque os meus comezos foron no Ribadeo e decidín saír da casa para continuar a miña carreira. Agora voltei e a verdade que da mellor maneira, xa que logramos gañar fóra e ademáis aportei un gol ao equipo. Moi contento«.
O debut sénior. «Debutar sendo xuvenil e máis no equipo do meu pobo foi moi bonito. A Preferente xa me comentaran os compañeiros que era unha categoría difícil, e tamén o meu pai que xogou nestas categorías. É unha competición dura, sobre todo a nivel físico, xa que hai xogadores con moita experiencia«.
A chegada ao club. «Comecei a temporada en División de Honra xuvenil co Real Avilés. A verdade é que me supoñía un gran esforzo xa que tiña que ir todos os días desde Ribadeo e os minutos cos que contaba non eran demasiados. A directiva do Ribadeo e Dani Moirón sempre estiveron en contacto conmigo e decidín voltar á casa«.
O equipo. «Cheguei o equipo nunha boa dinámica xa co novo adestrador. Vexo un grupo moi unido, capaz de facer moitas cousas e pouco a pouco estamos conseguindo o bo xogo que queremos levar a cabo. Ogallá que este sábado diante da nosa xente podamos sumar os tres puntos antes do parón navideño«.
O periplo no CD Lugo. «Gardo bos recordos e boas amizades. Destaco os grandes adestradores que tiven que me axudaron a ser a persoa que son hoxe en día, tanto futbolistica como persoalmente. Doulles as grazas a todos eles. O descenso da División de Honra foi o que me levou a saír do club e buscar seguir nesa categoría«