#Feminino #Fútbol afeccionado

Un punto in extremis e un primeiro paso pola permanencia

Unha semana máis o liderado da Primeira Nacional é cousa do PM Friol. E iso que as rapazas de Covi non tiveron o seu mellor día na Reigosa. Petaron contra a muralla defensiva dun Victoria CF, que dificultou a circulación local na primeira metade. E resistiu na reanudación cortando o ritmo dun PM Friol que dispuxo de ocasións para gañar.

Na Primeira Galicia, o Lugo comezou a fase de ascenso cun punto in extremis. O cadro de Joaquín perdonou en exceso nunha primeira metade con cruel desenlace. Xusto antes do descanso, o Atlético Arousana adiantouse na súa única oportunidade. Tralo paso polos vestiarios, melloraron as visitantes ante un Lugo que nunca se rendeu. E atopou o seu premio cun gol de falta de Candela no desconto.

Na fase pola permanencia, o Antas descansou. O que si xogou foi o PM Friol B. Partido completo das de Diego Vivero, que se mostraron superiores ante o Atlántida Matamá. As dúas Nereas (Chantada e Pontenova) lideraron ao filial da Reigosa.

RESULTADOS DA XORNADA

PM Friol 0-0 Victoria CF



CD Lugo 1-1 Atlético Arousana

Atlántida Matamá 0-3 PM Friol B

Carballedo 5-0 San Roque



EF Lalín 1-1 Comercial

Milagrosa 2-2 Monte Forte

Xornada de derbis na segunda

O Carballedo impuxo a súa lei ante o San Roque. Cómodo triunfo das de Iban Crespo ante un cadro verdibranco que tivo as súas ocasións pero non viu porta. Ana Lamas fixo un hat trick para as do Catro Ventos.

Candela, autora do gol do Lugo no desconto

No outro derbi da xornada, emoción e alternativas. A Milagrosa realizou unha mellor posta en escena e abriu a lata co tempraneiro gol de Leire. De pouco serviu xa que Moji e Sara Mougán remontaron para o Monte Forte antes dos vinte minutos de xogo. Na reanudación, as monfortinas dispuxeron de oportunidades suficientes para acadar un triunfo máis cómodo. Pero deixaron dous puntos nunha acción desafortunada que aproveitou á perfección Ainara.

Cruel castigo para unha Comercial que controlou o partido ante o EF Lalín durante a maior parte do mesmo. Os goles chegaron na media hora final. Natalia adiantou ás lucenses e, catro minutos máis tarde, un erro de concentración das de Vivian Dors puxo de novo as táboas no marcador. O Chantada descansou e queda a tres puntos do líder Santiso, que sumou e seguiu unha data máis.



Un punto in extremis e un primeiro paso pola permanencia

Máxicos Luca’s Grill. 2ª Fase, Xornada 1.

Un punto in extremis e un primeiro paso pola permanencia

O Cospeito sorprende no liderado do norte

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *