O Polvorín deu un pasiño máis cara o ascenso despois de vencer ao Xallas no Anxo Carro. Non mostrou a súa mellor versión pero foi superior ao seu rival. Cuadretti anotou un doblete nun encontro no que puido marcar aínda máis. As notas negativas foron os dous cartóns recibidos por protestar e o duro golpe na faciana que levou Morais. O xogador que entrou na segunda metade tivo que ser retirado, notablemente mareado, por un tremendo choque con Puyi.
No entanto, o Castro e o Ribadeo afastáronse un chisco máis da opción dun posible ascenso. Os de Javi López realizaron o peor encontro da tempada e caeron no feudo do Estudiantil. Mentres que, os de Fiz Rodríguez empataron en Foz ante o Atlético Escairón. Santi e Basán foron os goleadores. Un punto que non satisfai a ningún dos dous conxuntos. Porque os do Saviñao, seguen en postos de descenso. Por certo, na meta do Escairón debutou Saúl (procedente do Bóveda). Notable estrea. En problemas, ao igual que a Residencia que se deixou os puntos na casa ante o potente As Pontes. Os visitantes foron superiores na primeira metade. Na reanudación, o choque igualouse pero a expulsión de Diego Simón foi decisiva. Esta chegou tras unha suposta man non pitada na área do As Pontes.
O que sí respira na zona baixa é o Viveiro. Os de Chusky superaron ao Arzúa en Cantarrana cun doblete de Arturo. Agora toca escalar o máximo posible para fuxir dos arrastres. Outra das boas novas, na cola da táboa procede de Outeiro. Alí, os de Juan Peón non só gañaron ao Ordes. Ademais viron como Lucas e Veiga volvían xogar un partido máis dun ano despois. Lesións superadas ao fin! Por último, o Racing Villalbés ve o sono do play off máis cerca. A falla de cinco xornadas para o remate, é terceiro logo de gañar ao Villalonga cun doblete de Sergio Arias. O de Portomarín non se cansa nin se olvida de marcar. Instinto de ‘killer’.

