#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Preferente (Xornada 38) e Play off ascenso a Segunda B (Volta 1º rolda)

O soño do Rácing Villalbés continúa. Esta tarde coñecerá a súa sorte despois de superar ao Atlético Pulpileño nos penaltis. Unha tanda na que Javi Pita detivo un penalti e Villares mostrou a súa xerarquía marcando o decisivo. O encontro foi moi parecido ao de ida, moi nivelado, con dous equipos serios e pendentes de non cometer erros. Os de Óscar Gilsanz fixéronse fortes e firmaron o maior fito da historia do clube chairego. Esta alegría pode derivar noutra na Mariña. Se o Racing Villalbés consigue o ascenso, o Viveiro salvarase na Preferente. Os de Chusky precisan que ou Villalbés ou o Compostela alcancen a Segunda B para firmar a permanencia. Os azulóns fixeron os deberes. Gañaron ao Castro no derbi con gol de Xaime incluido ante o seu exequipo. Agora toca esperar. O que está claro, pase o que pase, é que o final de campaña dos de Cantarrana é espectacular.

Tamén cumpliu co seu cometido a Residencia, que superou ao Outeiro de Rei na casa. Iso sí, os capitalinos precisan unha miragre dende os despachos para non baixar por arrastres. Pero ollo, que podería chegar! O outro de equipo da cidade de Lugo, o Polvorín, fíxose finalmente co título de campión a pesares de igualar sen goles ante o Estudiantil no Anxo Carro. José Durán deulle a oportunidade a algún dos menos habituais. Ademais, o Atlético Escairón neutralizou o tanto de Juan de Dora no desconto da primeira metade. Félix firmou o empate ao comezo da reanudación. Por último, o Ribadeo despediuse cun empate a un gol do Pepe Barrera. Soberbia campaña dos de Fiz Rodríguez, que agora tentarán seguir co seu bo facer na Copa. Unha competición que semella que o Castro non xogará finalmente debido á escasez de efectivos. Co cal esta xornada puido ser a última do pichichi Iván González no noso fútbol.

[themoneytizer id=»15360-16″]



Trío de Ases Preferente (Xornada 38) e Play off ascenso a Segunda B (Volta 1º rolda)

Dous lucenses peregrinan cara un soño

Trío de Ases Preferente (Xornada 38) e Play off ascenso a Segunda B (Volta 1º rolda)

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *