A Terceira RFEF vive un sismo nos bancos

Os bancos da Terceira RFEF lucenses voltaron a vivir unha xornada de locura. Sen case tempo para recuperar sensacións despois de que tres adestradores decidirán abandoar os seus equipos ou foran despedidos na Prefetente, Fabri no Viveiro e Guillermo Oriol na Sarriana decidiron presentar a súa dimisión a ambas directivas. Os dous fixérono tras sufrir derrotas ante o Valadares (2-3) e o Vilalonga (1-2) respectivamente.

Fabri dimite coma adestrador do Viveiro

Tras finalizar o encontro ante o Valadares que rematou con derrota por 2-3, Fabri comunicou tanto aos xogadores do clube mariñán coma á directiva a súa dimisión. Dende o Viveiro manifestan o seu agradecemento polo gran sacrificio e traballo que puxo o adestrador lucense por tratar de sacar cara adiante o proxecto do equipo. Tamén afirman que nos próximos días esperan ter un adestrador para preparar o encontro que os enfronta ao Vilalonga, choque de gran importancia pola permanencia.

Nos dez partidos nos que estivo Fabri ao cargo do Viveiro, os resultados non terminaron de chegar. Dúas vitorias, tres empates e cinco derrotas foron o balance do técnico na súa estadía. Conseguiu puntuar ante rivais de gran entidade coma o Racing Vilalbés ou a UD Ourense, ambos colíderes da categoría, e vitorias ante rivais directos pola permanencia coma Barbadás e Betanzos.

Guillermo Oriol, renuncia tras catro encontros na Terceira RFEF

Unhas horas máis tarde, o terremoto nos bancos notouse en Sarria. Tras unha derrota sorprendente ante o Vilalonga por 1-2 nun mal partido do conxunto sarriao, Guillermo Oriol cominicou a directiva e ao cadro de xogadores a súa dimisión alegando que non estaba cómodo coa súa situación no clube. A Sarria podería chegar xa o novo adestrador nos próximos días, xa que o clube está traballando a conciencia para conseguilo.



A estadía do técnico valencián foi moi curta na Terceira RFEF. Só catro partidos estivo no banco onde gañou a un rival directo coma o Arousa por goleada e empatou ante o líder no Couto, pero tamén sumou resultados negativos coma o empate ante o Arteixo e a sorprendente derrota deste domingo ante o Vilalonga.

Foto de portada: La Liga



A Terceira RFEF vive un sismo nos bancos

Os Máxicos non perden o ritmo da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *