O partido da xornada . . . Club Lemos – C.D. Foz: o veredicto final polo ansiado ascenso a Preferente

Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria. Os monfortinos non teñen outra […]

O partido da xornada . . . S.D Sarriana – C.D. Foz: máis de medio ascenso en xogo na Ribela

Máis que partido da xornada poderíamos chamarlle partido da temporada. Enfróntanse os dous mellores equipos da Primeira Autonómica, ou iso di a clasificación. O líder, a S.D. Sarriana con 66 puntos recibe a visita do segundo clasificado con tan só un punto menos, o C.D. Foz. Será este domingo ás 17 horas na Ribela. Salvo […]

O Pepe Barrera, polo momento un problema sen solución en Ribadeo

Calquer afeccionado que non sexa habitual no Pepe Barrera durante a temporada, pero que se achegue a presencialo Enma Cuervo a finais do mes de xullo dirá que o asunto a tratar neste artigo será unha broma. Con bo tempo, e grandes coidados o céspede do estadio ribadense loce como poucos cando chega a disputa […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – U.D. Xove Lago: os de Sancosmed poñen a proba ao intratable líder

O vetusto campo focense do Martínez Otero acollerá o domingo ás 17 horas un derbi mariñán do máis interesante. C.D. Foz e U.D. Xove Lago, equipos con pasado máis glorioso en categorías superiores pelexan por voltar a unha Preferente na que escasean os equipos da Mariña lucense. Ámbolos dous deron un paso adiante nesta temporada, […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón – C.D. Castro: os chairegos poñen a proba a reacción dos de Charlie

A xornada 27 da Preferente Norte tráenos un derbi provincial con moito en xogo. Será este domingo ás 17 horas no Municipal do Saviñao entre o Atlético Escairón e o C.D. Castro. Con obxectivos distintos na táboa clasificatoria, ámbolos equipos chegan a este partido con estados de ánimos ben diferenciados. O Escairón ocupa o décimoquinto […]

Fiz Rodríguez (Ribadeo F.C.) «Debemos ser máis regulares se queremos ter opcións de chegar ao segundo posto»

O Ribadeo FC vén de colleitalo pasado domingo un novo triunfo ante o Ordes, que coloca aos mariñáns terceiros, en postos de promoción de ascenso, a tan só tres puntos dos postos que dan acceso á Terceira división. A falta de regularidade do equipo, caendo ante os equipos da zona baixa da clasificación, impedíronlle ao […]

Adrián Rodríguez, SD Ribadeo: «Demostramos moito compañerismo entre todos nós»

  Sen goles non habería fútbol. Pasaríamos o tempo contemplando aburridas posesións de balón propias dos adestramentos. E por iso, cómpre destacar a esas persoas que son capaces de asinar moitos goles. Esta capacidade está ben desenvolvida por Adrián, dianteiro xuvenil da SD Ribadeo.

Palabra de… Rafa Casanova: «O sacrificio»

  Compaxino o meu traballo con ser adestrador e presidente do CF Friol e xogador do Ribadeo, da Preferente Norte. Hai momentos nos que acaba a semana e estou farto de tanto fútbol, pero cando quero desconectar… xa hai que volver a adestrar.

O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: tres puntos para engancharse á cabeza

Domingo día 14 ás 16 horas no Arturo Pereiro. C.D. Castro e Ribadeo F.C. desputan o «partido da xornada» no fútbol provincial. Ámbolos conxuntos tan só están separados nun punto na táboa clasificatoria e os dous levan unha traxectoria similar no que vai de temporada. O Castro é quinto clasificado a cinco puntos do Polvorín, […]

As nosas redes falan!

Achegámonos á metade da temporada, e as alegrías e tristezas están á orde do día. Así se pode ver nas nosas redes, que chegan hoxe a una nova edición!

Xaime e Tichu: Dous irmáns fronte a fronte no Derbi da Mariña

Este domingo día 5 de novembro, ás 16:15 horas, o campo viveirense de Cantarrana será testigo dun novo derbi mariñán en Preferente Autonómica. Viveiro e Ribadeo, conxuntos históricos da Mariña de Lugo enfróntanse nun importante compromiso correspondente á duodécima xornada. Ámbolos dous equipos chegan con necesidades contrapostas. Os da cidade do Landro, con Chusky ao […]

Que ver esta fin de semana? (4-5 novembro)

O mes de novembro comeza con forza polos campos da provincia. A primeira cita destacada témola no fútbol base, onde se enfrontan dous dos máximos representantes do fútbol da cidade de Lugo. A Milagrosa defende liderato a domicilio. Tamén defende o primeiro posto o Guitiriz que recibe ao Pol, segundo clasificado. Un punto é a […]