Destacados Copa Preferente e Primeira. Cuartos de final
Tres das catro eliminatorias decidíronse a penaltis
Tres das catro eliminatorias decidíronse a penaltis
O 25 de maio, o Friol asaltaba O Acebreiro na primeira ronda da copa, superando 1-3 ao Pastoricense. Curiosamente, o primeiro tanto do choque (0-1) sería asinado por un home que desenvolve ao mesmo tempo as tarefas de xogador -normalmente, destacado- e de presidente do clube. Un home dabondo coñecido na provincia, Rafa Casanova.
*Monterroso-Pol: Reinou o fútbol directo nun Cerdeiriños cheo de auga. Basi adiantou ao Monterroso pasados os vinte minutos de xogo. Melchor aumentou as diferenzas nesa mesma primeira metade. Foi nun lanzamento de falta directa. Na segunda parte apretou o Pol e tamén fixo o seu gol a balón parado. Obra de Yeray. A cousa quedou […]
*Xove Lago-Atlético Escairón: Encontro con dúas partes moi diferenciadas no Municipal. Na primeira mandou o Xove Lago, que puido obter máis vantaxe ao descanso que o solitario gol de Juanjo Coello. O choque nivelouse na reanudación e as mellores ocasións pasaron a ser para o Atlético Escairón. Pandiani aproveitou unha mala saída de balón local […]
Malia que non é ribadense nin tan sequera mariñán, Rafael Casanova Peteiro (30-04-1982 Friol) pasa por ser dos importantes nos últimos anos da historia do Ribadeo F.C. Logo de xogar no C.D. Lugo, co que logrou subir a Segunda B, marcado incluso o gol decisivo ante a Ximnástica Segoviana, Cidade de Santiago e Racing Vilalbés, […]
Na nova edición do noso diario dun mercado chegamos con novas na Preferente Norte. E bastante destacadas. Rafa Casanova, ata agora xogador do Ribadeo CF, pasa a ser o adestrador do equipo mariñano tras a marcha do Pepe Barrera de Fiz.
Dous equipos lucenses descenderán como mínimo á Primeira Galicia. Son os casos do Outeiro de Rei e o Atlético Escairón. Iso sí, as súas dinámicas son ben distintas. Os de Juan Peón sumaron a súa terceira victoria consecutiva ante o Boimorto. Fixeron un encontro moi serio e aproveitaron a inferioridade numérica do rival para dar […]
O normal na última fin de semana de abril é afrontala con tensión, xa sabemos que sen descontrolarse que é futbol rexional, pero está claro que un sempre quere gañar. E se está loitando por un ascenso, máis. Non obstante, hai un pobo na provincia onde os nervos xa pasaron, parte da festa tamén e […]
Compaxino o meu traballo con ser adestrador e presidente do CF Friol e xogador do Ribadeo, da Preferente Norte. Hai momentos nos que acaba a semana e estou farto de tanto fútbol, pero cando quero desconectar… xa hai que volver a adestrar.
Esta temporada contaremos cun novo equipo na Terceira Autonómica, o Friol CF «B». Hoxe falamos con Rafa Casanova, presidente do Friol CF e adestrador do Friol CF «A», para saber máis acerca do interesante proxecto. Cómpre destacar que Rafa Casanova compaxina as súas labores de adestrador e presidente sendo tamén xogador do Ribadeo, equipo lucense […]