O partido da xornada . . . Club Lemos – C.D. Foz: o veredicto final polo ansiado ascenso a Preferente

Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria. Os monfortinos non teñen outra […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 28) e Preferente (Xornada 27)

O Polvorín deu un pasiño máis cara o ascenso a Terceira División. Solventou a complicada saída a Arzúa cun doblete de Facu, que á postre lle deu o liderado. Os dous tantos chegaron a balón parado, un en cada tempo. O primeiro nun córner e o último, nun lanzamento de falta. Victoria de mérito nun […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – S.D. Outeiro de Rei: final anticipada pola permanencia

Dúas realidades distintas, dous equipos que comezaron o ano con obxectivos distintos, pero que con máis de media liga gastada teñen que afrontar un reto común: a permanencia en Preferente Autonómica. O vindeiro domingo día 4 de febreiro, ás 16:30 horas, Cantarrana será o esceario dun enfrontamento cara a cara entre Viveiro C.F. e S.D. […]

Os desexos da Preferente e a Terceira para o 2018

Acabamos de estrear ano. O 2018 chega con obxectivos e desexos diversos para cada un dos nosos participantes na Preferente e na Terceira División. Así que quixemos escoitar a tódolos equipos implicados e ver que lle pedían a este 2018. Óscar López. Presidente do Atlético Escairón: «Que non existan lesións graves e poder manter a […]

O partido da xornada. . .Club Lemos – S.D. Chantada: dous históricos na pelexa polo ascenso

A Pinguela albergará este domingo ás 16 horas un dos mellores partidos que se pode ver nos campos da provincia de Lugo. Dous equipos, dúas vilas, que ben seguro gustarían de medirse nunha categoría superior, pero as circunstancias fan que sexa en Primeira Galicia. Precisamente pola participación destes equipos, xunto coa Sarriana, Foz, Xove Lago, […]

A triple cara da batalla pola salvación na Preferente

Hai escasas semanas, falabamos con Álex Paz sobre a delicada situación do Viveiro. Non é o único clube lucense en apuros nesta Preferente tan disputada. Outeiro de Rei, Atlético Escairón e Residencia están metidos de cheo na pelea pola salvación. Así que quixemos enfrontar aos adestradores destes tres equipos ás mesmas preguntas. Juan Peón (Outeiro […]

Qué ver esta fin de semana? (16-17 decembro)

A última xornada antes do Nadal déixanos grandes partidos tanto no sábado coma no domingo. Comezamos coa Primeira Galicia en Cerdeiriños. Partidazo entre Monterroso e Sarriana, dous aspirantes ao ascenso. Se non vos chista este plan, tedes un derbi capitalino na Ponte entre San Lázaro e Milagrosa. O domingo, novo derbi da Preferente: Polvorín-Outeiro. Ollo […]

As nosas redes falan!

Como todos os luns, facemos un balance do que deixaron as nosas redes na fin de semana: derbis, emocións, desilusións… e moito máis!

Que ver esta fin de semana? (4-5 novembro)

O mes de novembro comeza con forza polos campos da provincia. A primeira cita destacada témola no fútbol base, onde se enfrontan dous dos máximos representantes do fútbol da cidade de Lugo. A Milagrosa defende liderato a domicilio. Tamén defende o primeiro posto o Guitiriz que recibe ao Pol, segundo clasificado. Un punto é a […]

Cholas, Outeiro «Nos primeiros momentos lévaste un apuro, pero sen máis»

Terceira xornada da Preferente. Partido na Porta Santa. O Paiosaco, un dos protagonistas da zona alta na última temporada, recibía ao Outeiro de Rei, un recén ascendido con moitas gañas. Os locais adiantáronse ben cedo no marcador, pero os pupilos de Peón non se asustaron, só o fixeron arredor do minuto 20 cando o seu […]

As nosas redes falan!

Comeza unha nova temporada no fútbol lucense, polo que tamén en Futbolinlugo. Entre outras moitas novidades, a clásica sección dos destacados das nosas redes cambia de data! Pasará de ser os mércores a ser os luns! Terceira División, Preferente, Primeira Autonómica, División de Honra Xuvenil,.. xa temos en marcha un gran número de competicións, polo […]

Que ver esta fin de semana? (2-3 setembro)

Comeza setembro e a nosa nova programación. Tódolos venres trarémosvos unha proposta futbolística para a fin de semana. Non quere dicir que sexa a mellor, posto que cada un ten os seus gustos, porén sempre será a máis interesante posible para nós. Sen máis dilación, estos son os sobranceiros da xornada para este humilde equipo […]