O Corgo culmina unha gran temporada co ascenso

Tres anos despois, o Corgo retorna á Segunda Futgal logo dunha espectacular temporada. Os de Abel Rochela venceron ao Relámpago Taboada con claridade e culminaron o seu gran obxectivo: lograr o ascenso e saír campións de grupo. O Rubián deu un paso de xigante para facerse coa outra praza de ascenso directo logo de vencer […]

Taboada B e Rubián non ceden na pelexa polo segundo posto

Púxose ao día a Terceira Futgal coa disputa dos encontros adiados na xornada 12 por mor do temporal, un no grupo norte e catro no sur. O Pol B mantense na pelexa polo play off logo de vencer ao Roupar, mentres que no sur, Taboada B e Rubián sacaron adiante os seus encontros e seguen […]

Un Lemos invicto na Pinguela recibe ao líder

Encontro de altura na Pinguela. O Lemos recibe ao Atios, líder da categoría o sábado ás 17:30 horas, nun enfrontamento no que os de Edu Rodríguez queren manter a imbatibilidade no seu feudo. Arbitrará o colexiado coruñés Alejandro García. O Lemos é quinto na clasificación con trinta e cinco euros e ocupa a última das […]

O Pichón, Muimenta

Catro Roldas e Taboada B recuperan praza de ascenso directo

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia desta xornada de Terceira Futgal déixanos a vitoria do Catro Roldas no Pichón, nun choque entre rivais directos polo ascenso directo. Os de Román retornan á segunda posición e teñen un partido menos, o que teñen que xogar diante dun Mondoñedo que non afrouxa no liderado. Os da […]

O póker de Kylian engancha ao Río Sil á loita polo play off

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia desta xornada déixanos a sobresaínte actuación individual de Kylian, atacante dun Río Sil que goleou ao Taboada B e volve a crer que pode rematar en postos de play off. O Corgo non cede e achégase ao ascenso matemático mentres que o Rubián deu un paso importante no […]

Mondoñedo e Catro Roldas golean nunha xornada chea de aprazamentos no sur

A borrasca Ingrid fixo estragos tamén no noso fútbol e a Terceira Futgal foi duramente castigada con cinco partidos aprazados. No grupo sur só se xogou o encontro do Hermanos Somoza, onde o Corgo superou con claridade ao Bóveda. No grupo norte foi aprazado o partido entre o Pol B e o Roupar e xogouse […]

Mondoñedo e Rubián, golpe de autoridade no liderado

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da undécima xornada déixanos a dous líderes sólidos. No grupo norte o Mondoñedo impúxose ao Abadín no derbi do Fiouco e achégase paseniño ao obxectivo do ascenso. O Muimenta mantén praza de ascenso directo logo de vencer á Comercial. Chegou a primeira vitoria do curso para o Celeiro, […]

A oitava vitoria consecutiva do Taboada B sitúao preto do líder

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia desta xornada achéganos á impresionante xeira do Taboada B. Oito vitorias consecutivas que o sitúan a só punto do líder. O filial venceu ao Rubián, firme candidato ao ascenso e aproveitou o empate do Corgo no campo do Incio, que malia todo mantén o liderado. No norte o […]

O Ferreira quere reencontrarse coa vitoria diante dun perigoso Monterroso B

O fútbol lucense non para no Nadal e aproveita para poñer ao día o grupo sur da Segunda Futgal. Este sábado 27 de decembro ás 17 horas no Baliño enfrontaranse o Ferreira e o Monterroso B, nun encontro que fora suspendido na segunda xornada ligueira. Arbitrará o colexiado Diego Seco. O Ferreira chega a este […]

A sétima vitoria consecutiva do Taboada B nunha xornada marcada pola neve no norte

Dous partidos tiveron que ser suspendidos no grupo norte por mor da intensa neve que caeu o pasado domingo na Terra Cha. En Román non puido disputarse un Catro Roldas – Mondoñedo no que se enfrontaban os dous primeiros clasificados. En Abadín o cadro local recibía ao Roupar e o encontro suspendeuse aos dez minutos […]

O Mondoñedo, único equipo invicto e que conta os partidos por vitorias

Oito partidos, oito vitorias para un Mondoñedo que é líder en solitario no grupo norte daTerceira Futgal. Nesta xornada derrotou pola mínima ao Pol B nun encontro que xa tiña no horizonte o vindeiro choque fronte ao segundo clasificado, un Catro Roldas que goleou ao Roupar a domicilio. O Muimenta prolonga a súa boa xeira […]

Só os líderes se manteñen invictos logo da derrota do Rubián

Chega o sétimo Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da temporada 2025/2026 e faino con dous equipos moi destacados no liderado de ámbolos grupos, que suman pleno de puntos: Mondoñedo e Corgo. No grupo norte, o Mondoñedo venceu no Viñas da Veiga ao Roupar e conta con cinco puntos de marxe sobre o Catro Roldas, […]

O Pichón, Muimenta

Muimenta e Taboada B seguen en racha e aséntanse na zona alta

Chega o sexto Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia desta temporada e faino con dous líderes sólidos, Mondoñedo e Corgo, que abren fenda con respecto aos seus perseguidores. No grupo norte, o Mondoñedo segue con pleno de puntos logo de impoñerse ao Celeiro e conta con cinco puntos de marxe sobre o Muimenta, que xa […]

O Relámpago Taboada volver gañar en liga vinte meses despois

Para lembrar a última vitoria do Relámpago Taboada hai que viaxar ao mes de marzo de 2024, cando na penúltima xornada de liga, os daquela adestrados por Diego Saborido venceran ao Bóveda. Vinte meses máis tarde, agora ás ordes de Melendo, o Relámpago volveu sorrir ao vencer na Carqueixa ao Río Sil. No grupo sur, […]

Norte e sur na Terceira Futgal, clasificacións semellantes logo de catro xornadas

A Terceira Futgal comezou neste curso 2025/2026 a trompicóns. Catro xornadas e xa dous paróns fixeron que a competición non tivera a continuidade desexada. Malia todo, comezando o mes de novembro, podemos facer un pequeno análise deste primeiro tramo de competición que nos deixa unhas táboas clasificatorias moi parellas en ámbolos dous grupos. Grupo norte […]

O Catro Roldas lidera en solitario o grupo norte

Chega o cuarto Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da Terceira Futgal e faino cun Catro Roldas sólido en cabeza. Os chairegos venceron ao Pol B e suman catro vitorias noutros tantos encontros. Con tres puntos menos, e con posibilidade de pleno está o Mondoñedo que aprazou o seu encontro diante do Cazás. Muimenta e […]

Corgo e Quiroga golean e seguen sen encaixar

O terceiro Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da temporada na Terceira Futgal déixanos a tres conxuntos igualados no liderado do grupo sur, todos eles con pleno de puntos. Corgo e Quiroga desfixéronse, cun abultado marcador, de Bóveda e Relámpago Taboada, respectivamente, e aínda non recibiron un só gol. O Rubián, que venceu pola mínima […]

Rocky, do Celta Barreiros

Os seis goles de Rocky e o pleno ao quince do San Roque

Miguel Gomes Varela ‘Rocky‘ fixo historia no Celta Barreiros ao anotar seis goles en menos de media hora. Foi na Veiga do Olmo fronte ao Castroverde onde o caboverdiano fixo que os mariñáns se sitúen no pelotón de cabeza. O San Roque, no grupo sur, é líder en solitario tras vencer ao Antas nun choque […]