O partido en imaxes: Sarriana-Viveiro (5-2)

Houbo derbi na Preferente. E derbi entre dous galos da categoría, dous conxuntos que levan perseguindo o ascenso á Terceira División durante todo o ano. Neste caso, venceron os locais nun choque moi tenso e no que os ataques primaron por riba das defensas, xa que se viron un total de 8 goles na Ribela!

O partido en imaxes: Meira-Cervo (4-1)

Xa hai un par de semanas que o Meira se despediu da competición regular na casa, e o fixo ao grande, vencendo 4-1 ao Cervo. Josune Bargueiras asistiu ao choque e regalounos aos amantes do fútbol amateur esta gran galería de imaxes!

O partido en imaxes: Río Sil-Antas (1-2)

O Río Sil é novo equipo de Segunda Autonómica. Pero non conseguiu o ascenso sen sufrir, máis ben todo o contrario. Na eliminatoria decisiva, tras vencer 0-2 no Castro Seoane, acabou pedindo a hora polo asedio que sufriron na súa casa, nun choque que rematou 1-2.

O partido en imaxes: SD Becerreá-SDC San Roque (2-1)

A pasada fin de semana pelexaron polos puntos no Municipal de Becerreá o equipo local e o San Roque. Os intereses de ambos conxuntos son moi diferentes… uns buscan a permanencia, mentres que os visitantes pelexan polo salto de categoría. Finalmente, a vitoria quedou na montaña, polo que todo se decidirá na última xornada.

O partido en imaxes: UD Xove Lago-SD Outeiro de Rei (1-3)

A pesares de que semella que pasou moito tempo, a última xornada da Primeira Autonómica deixounos un gran Xove Lago-Outeiro de Rei, que rematou con victoria dos visitantes (1-3). Aquí podemos ver algunha das mellores instantáneas do choque, obra de Antonio Vaztra.

O partido en imaxes: Lemos-Pastoricense (1-0)

O Club Lemos xogará a campaña 2019/2020 na Preferente, tras dúas temporadas na Primeira Autonómica os monfortinos volven ao que é o seu sitio -como mínimo, e de aí cara arriba-. Pero aínda non rematou o ano deportivo, polo que A Pinguela segue albergando fútbol da primeira lucense cada quince días. A última vez recibiu […]

O partido en imaxes: Meira-Abadín (3-0)

A Segunda Autonómica está chegando ao seu fin, e os equipos salvados comezan a poñer a mira na Copa, na que buscarán ser os protagonistas. É o caso de Meira e Abadín, que se mediron a pasada semana nun duelo que resultou nunha clara vitoria dos locais, 3-0. Josune Bargueiras inmortalizou con estas grandes instantáneas […]

O partido en imaxes: Sober-Río Sil (1-2)

A pasada fin de semana disputouse en Sober un duelo que determinaría un dos clasificados para xogar a última ronda polo ascenso á Segunda Autonómica. Ao choque chegaba nunha mellor situación o cadro visitante, o Río Sil, que superara por 2-0 aos de Sober na ida. Na volta, a remontada non foi posible e o […]

O partido en imaxes: Lemos B-Relámpago Taboada (2-3)

Comezou a Fase Previa da Copa Diputación da Segunda e Terceira Autonómica lucense. Un dos choques que se disputaron foi o Lemos B-Relámpago Taboada, no que venceron os da Medela por 2-3 nun vibrante duelo ao que asistiu Mariluz Fagín, deixando grandes instantáneas como estas!

O partido en imaxes: CD Río Sil-CD Sober (2-0)

O ascenso á Segunda Autonómica está a venderse caro este ano. E máis agora, que comezaron os playoffs. Na primeira eliminatoria o CD Río Sil venceu por dous goles a cero ao CD Sober. Porén, o Sober tratará de dar a volta ao adverso resultado na súa casa a próxima semana!

O partido en imaxes: Meira-Folgueiro (1-2)

O Folgueiro persigue con moitas ganas o ascenso á Primeira Galicia. Son poucas as xornadas que restan para o final de campaña, pero ten a necesidade de vencer os seus partidos, como o fixo a pasada fin de semana en Meira, superando aos locais por 1-2.  Aquí, da man de Josune Bargueiras, as mellores instantáneas […]

O partido en imaxes: Lemos B-SD Castroverde (1-3)

Mariluz Fagín e unha amante dos campos de fútbol lucenses, en especial dos do sur da provincia. Cando o fai, sempre o inmortaliza con espectaculares galerías fotográficas, como ésta do Lemos B-Castroverde, que se disputou no Luis Bodegas e onde venceron os visitantes, 1-3!

O partido en imaxes: Lemos B-Relámpago Taboada (0-2)

O pasado fin de semana xogouse en Monforte de Lemos un partido que enfrontou ao filial do Lemos co Relámpago Taboada, que está a asinar unha gran campaña e que tamén sacou os tres puntos da vila do Cabe, vencendo 0-2.

O partido en imaxes: Alfoz-Celta Barreiros (0-0)

Hoxe, en exclusiva, as imaxes do choque entre o Alfoz e o Celta Barreiros, que rematou co 0-0 inicial pero que supuxo a confirmación da volta do Alfoz á Segunda Autonómica!

O partido en imaxes: UD Xove Lago-SD O Páramo (3-1)

Antonio Vaztra é o autor desta pequena galería fotográfica do choque que mediu ao Xove Lago coa SD O Páramo, choque correspondente á 26ª xornada da Primeira Galicia e no que venceron os mariñanos por 3-1!

O partido en imaxes: Lemos-Atlético Escairón (1-1)

Houbo derbi monfortino na Pinguela, campo mítico do noso fútbol. Nel se mediron nun choque moi igualado os locais, o Club Lemos, e o Atlético Escairón, o único equipo máis da comarca que militou na Preferente ata o pasado ano. 

O partido en imaxes: Peñarol CF 5-0 SD San Roque

Cando esta páxina foi creada, unha das súas principais pretensións era reflectir semana tras semana o bonito do fútbol amateur e o moito que se disfruta nos nosos campos cada domingo. E para demostrar iso, non hai nada mellor que os veteráns.