O partido en imaxes: Brollón-Río Sil (0-0)

O pasado domingo o Río Sil visitaba a casa do Brollón nun choque no que os visitantes buscaban unha victoria que os achegase aos postos de ascenso, mentres que os dos Medos querían os tres puntos para afastarse da zona Baixa da táboa. A necesidade fixo que o partido que se viu fose trabado, saldándose […]

O partido en imaxes: UD Xove Lago-CD Castro (3-1)

O pasado domingo medíronse en Xove dous conxuntos que loitan por manter a categoría, o Xove Lago e o Castro. A igualdade do encontro foi máxima, pero finalmente os locais conseguían imporse por 3-1, collendo así unha gran bocanada de aire neste final da primeira volta de competición.

O partido en imaxes: CD Brollón-Ferreira CF (0-4)

O CD Brollón foi superado o pasado domingo polo Ferreira CF, que pasou como unha apisonadora por Os Medos e venceu por 0-4. No partido estivo unha das nosas mellores fotógrafas colaboradoras, Mariluz Fagín, que nos deleita con esta galería!!

O partido en imaxes: UD Xove Lago-UD Pastoricense (3-1)

O pasado domingo o Xove venceu por 3-1 ao Pastoricense nun igualado choque que se disputou na localidade mariñá. Nel estivo presente Antonio Vaztra, autor desta gran galería fotográfica!

O partido en imaxes: SD Brollón-CD Palas ()

Mariluz Fagín, unha das mellores fotógrafas do sur da provincia, está a crearnos o hábito de publicar as súas imaxes cada semana, pero como para non, coas grandes galerías que nos facilita! Esta vez, deixounos estas fotografías do Brollón-Palas, no que se repartiron os puntos, 1-1.

O partido en imaxes: SD Becerreá-Ferreira CF (1-5)

O pasado domingo, o Ferreira asaltou o Municipal de Becerreá, saíndo da Montaña con tres puntos e un resultado moi positivo, 1-5. Porén, o choque foi máis igualado do que reflicte o marcador, non hai máis que ver as mellores imaxes do mesmo, asinas por Leti Fernández!!

O partido en imaxes: Ferreira-Río Sil (5-1)

A pasada semana Mariluz Fagín estivo en Ferreira, onde presenciou a victoria dos locais ante o recén ascendido Río Sil. Ademáis, inmortalizou o choque con esta gran galería!!

O partido en imaxes: Xove Lago-SD Burela (2-4)

O pasado domingo tivo lugar en Xove un apaixoante derbi mariñano, que enfrontou aos locais co Burela e que se saldou con victoria dos visitantes por dous goles a catro. Antonio Vaztra estivo presente no choque e sacou esta marabillosa galería de imaxes!

O partido en imaxes: Ferreira CF-SDC Santa Comba (2-1)

Volveu o fútbol ao Baliño, e volveu con victoria para os locais. Tras un duelo moi igualado, o Ferreira superou ao Santa Comba pola mínima, 2-1. Como é habitual, Leti Fernández presenciou o choque e nos deixou unha gran galería de imaxes do mesmo!!

O partido en imaxes: SD Antas-Lemos B (1-3)

Pese á seren moi novos na súa mayoría, os xogadores do Lemos «B» están a demostrar que teñen moito por dicir no noso fútbol. Tanto é así que, tras superar 1-3 á SD Antas no Castro Seoane, xa son semifinalistas de copa. O seu próximo rival será o San Lázaro, de Segunda Autonómica. Seguirán a […]

O partido en imaxes: Meira-Mondoñedo (5-1)

O Meira avanzaba a pasos axigantados na copa da Segunda e a Terceira. Así, hai dous fines de semana superou 5-1 ao Mondoñedo, clasificándose así para os cuartos de final da copa, onde caerían a pasada semana ante o Roupar. Josune Bargueiras, fiel seguidora do Meira, presenciou o último partido na casa dos meirenses, e […]

O partido en imaxes: Brollón-Palas (1-3)

O Palas quedouse a piques de conseguir o ascenso á Primeira Autonómica, algo que de seguro tratarán de acadar a vindeira campaña. Porén, os dos Chacotes queren sacar ese sabor agridulce da boca o máis cedo posible, polo que persiguen o título de copa!

O partido en imaxes: Xove Lago-Riotorto (4-2)

A Primeira Galicia chegou ao seu fin nesta 2018/2019, que a partires de agora será historia do noso fútbol. Nun choque sen moito en xogo, aparte dos puntos, o Xove Lago despediu a temporada vencendo 4-2 ao Riotorto. Aquí, as mellores imaxes do duelo, obra de Antonio Vaztra!

O partido en imaxes: Taboada-Xove Lago (1-4)

O último partido que se viviu na Medela este ano foi unha contundente derrota dos locais ante o Xove Lago, que venceu por 1-4 nun choque sen moito en xogo, no que apremiaba algo máis a victoria aos mariñanos para asinar a permanencia matemática.