2023: o canto coral do fútbol lucense

Para ti, que estás lendo estas liñas, o fútbol é unha parte importante da túa vida. Se non fose así, non estarías un 31 de decembro co teu móbil mirando a ver que publican hoxe os de Futbolinlugo. Pois toca unha reflexión parva, pero necesaria.  O día de fin de ano é unha data para celebrar. […]

Palabra de… Tejeda: Na busca de novos ídolos

Bueno, bueno… liáronme de novo (cousa difícil, a verdade) e, despois dun tempo prudencial para xenerar hype como Os Incribles II, aquí estamos para facer o de sempre: dar a turra pero, neste caso, por escrito (aínda que o medio oral está a anos luz, aquí non se pode xesticular). Alá foi o verán, xusto […]

Un repaso á temporada do noso fútbol

O noso Diego Díaz estivo esta seemana no programa ‘Ser Deportivos Lugo’ da Cadena Ser. Alí fixo unha análise do fútbol lucense, dende a Preferente á Terceira Galicia. Un resumo do que levamos de tempada e que podedes escoitar no seguinte podcast.

Xabi Rodríguez: «O problema do fútbol é que todo o mundo pensa que sabe as regras»

Cada semana vivimos nos nosos campos situacións difíciles de explicar. Inverosímiles e que desencadean auténticas discusións na cantina. Cantas veces non desexamos ter un regulamento a man para poñer fin á batalla dialéctica? Ou para ‘meterllo nos dentes’ a ese home que berra sen sentido de pé na súa butaca… Agora, témolo moito máis doado. […]

Palabra de… Diego Díaz: Por qué existen as pretemporadas?

Por qué existen as pretemporadas? Esa é a pregunta que se fan ducias dos nosos futbolistas cada verán. Non entenden o porqué de semellante tortura física. Eles, amateurs, que veñen de rematar a campaña anterior hai dúas ou tres semanas; seguen sen comprender o porqué deste suplicio estival. Pensan que non poden perder toda a […]

Gonzalo debuta hoxe no noso fútbol da man da Milagrosa

Temos novo inquilino no fútbol lucense. Responde ao nome de Gonzalo Trigales Álvarez. Aos seus 26 anos está a escasas horas de vivir o seu bautismo no noso balompé máis autóctono. Fárao da man da Milagrosa. A iso das 16.30 horas no Páramo. Pero o balón xa o levaba no sangue pois leva xogando «dende […]