O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – Viveiro C.F.: derbi mariñán con moito en xogo

Con tan só sete xornadas para o final de liga, o derbi mariñán deste domingo ás 17:30 horas no Pepe Barrera entre Ribadeo e Viveiro antóllase trascendental. Cos dous equipos na zona alta da Preferente, pero cos ribadenses aparentemente lonxe da hipotética pelexa polo ascenso, o conxunto visitante, segundo clasificado, afronta unha das saídas máis […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – S.D. Sarriana: derbi de altura no Pepe Barrera

A Preferente achéganos un derbi provincial do máis interesante. Este sábado ás 17:30 horas, no Pepe Barrera mídense Ribadeo e Sarriana. Para o conxunto local, un partido máis, co oxectivo de mantela boa dinámica da segunda volta, mentras que para os visitantes é unha das nove finais que lle restan para tentalo asalto á segunda […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Club Lemos: o líder pon a proba a imbatibilidade do Sangoñedo

Desde antes de comezala temporada, na gran maioría de quinielas figuraban Chantada e Lemos como máximos candidatos a rematar ascendendo de categoría no vindeiro mes de maio. Este domingo ás 17 horas, o Sangoñedo será testigo dun duelo entre o segundo clasificado e o líder de Primeira. Un encontro con claro sabor a Preferente. A […]

O partido da xornada . . . C.D. Alfoz – S.C.D. Milagrosa: dous históricos na procura de tres puntos claves

O Municipal de Alfoz será, o sábado ás 16:15 horas o esceario dun encontro trascendental no grupo Norte da Terceira Autonómica. O conxunto local, o C.D. Alfoz, segundo clasificado, verase as caras co terceiro, a S.C.D. Milagrosa, ao que aventaxa en tres puntos. Ámbolos dous conxuntos descenderon a pasada campaña a unha categoría descoñecida para […]

As imaxes do torneo Lagoa de Valverde (1ª entrega)

A pasada fin de semana o campo da Fonte de Cospeito acolleu a primeira edición do Torneo xuvenil Lagoa de Valverde. O Polvorín foi o campión despois de vencer na final ao Racing Vilalbés (1-0). O cadro da capital de Lugo eliminara ao Burela nas semifinais, mentras que os chairegos derrotaron nas semis 3-0 ao […]

Palabra de… Diego Díaz: «Que comece o baile»

As vacacións van chegando á súa fin. É época de cambios e depresións. De ocupar de novo a cadeira baleira no traballo. De atarcederes temperáns. Tranquilos, non todo é malo. O mellor do regreso á rutina é que regresa ligada a unha pelotiña. Esta tarde bota a andar unha nova tempada para os nosos. Señoras […]

Diario dun mercado. Episodio 95

O Castro comezou tarde e segue buscando solucións no mercado. Anunciou as chegadas do dianteiro Rubén Fernández, o mediocentro Nico Edrosa e a chegada do defensa Dani Montes (ex xogador do Racing Vilalbés). Ademais Brais e Kevin antigos xogadores da Comercial están adestrando co equipo e a intención do club é que queden para a […]

Diario dun Mercado. Episodio 90

O Racing Villalbés segue a apuntalar o seu equipo. Confirmou a fichaxe do central e mediocentro Santi Taboada, procedente do Boiro. Así coma a incorporación do sarrián Álex Vázquez. O lateral zurdo, que estaba a realizar a pretemporada co conxunto chairego, chega dende a Residencia. O que finalmente non seguirá no Racing é o defensa […]

Diario dun Mercado. Episodio 89

Cargadiña de novedades. Así chega a 89ª edición do noso Diario dun mercado. Comezamos falando da Preferente Norte, na que o CD Castro incorpora ao seu «staff» técnico ao adestrador de porteiros Dani Pérez, procedente da base do CD Lugo.

Diario dun mercado. Episodio 85

Hoxe non contamos con novidades en Terceira. Porén, o resto das categorías si que protagonizaron unha gran cantidade de movementos. Comezamos, como habitualmente, por arriba, a Preferente Norte. Nela, Josema volve ao Castro tras abandonar a portería do Atlético Escairón. Tamén serán xogadores vermellos Javi Fraga, Hugo Buide, Alberto Rey e Dumi.