#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

O Rubián-Sober foi suspendido por insultos racistas ao árbitro

A xornada 27 da Segunda Galicia grupo sur tivo un gran enfrontamento na parte alta coa vitoria do SDC San Roque sobre o Palas. Non obstante houbo outro partido que ten pendente agora a, cando menos, cinco equipos. No campo do Poste enfrontábanse o Rubián (xogándose a salvación) e o Sober (xa descendido). Sobrepasaba o minuto 70 cando a raíz dunha expulsión en contra do Rubián un seareiro insultou de maneira racista ao xuíz da contenda. O afeccionado foi expulsado do campo e o árbitro decidiu suspender o partido despois de chamar ás forzas de seguridade.

Agora falta coñecer a resposta do Comité para ver se o partido se vai reanudar ou cales van ser as medidas a tomar. En principio, mañá xa podería haber unha decisión. Sen contar este resultado o Rubián está tres puntos por riba do Corgo que marca o descenso na clasificación da Segunda. De gañar este partido suspendido o conxunto de Bóveda case estaría salvado, aínda que tería que estar pendentes de posibles arrastres. A Comercial, o SD Becerreá e o Garabolos tamén están implicados na pelexa por salvala categoría.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *