Sabemos que todo chega tarde ao noso fútbol. Máis ben, chegaba. Somos varios tolos os que apostamos por él. Cada vez con máis forza. E argumentos. Este é o caso de Siguetuliga.com. Sí, esa web na que todos miramos as clasificacións. De calquera Liga. Ata a Terceira División de Honolulú. Hoxe queremos falar co coruñés Diego López, alma máter deste proxecto. Un home ambicioso e comprometido. Que non se conforma co éxito acadado. A súa empresa vén de revolucionar o balompé máis autóctono e amateur. E faino con tres liñas de traballo tan claras coma revolucionarias. Da que todos os nosos clubes se poden beneficiar.
![Resultado de imagen de diego lopez siguetuliga](https://pbs.twimg.com/profile_images/923218349768790017/2fRTBHeY.jpg)
FUTBOLINLUGO: Boas Diego! Cóntanos, que vos traedes entre mans? Hai o rumor de que encarades a nova tempada con novidades moi importantes.
DIEGO LÓPEZ: Ola Diego! Pois sí, xa estivemos reunidos con varios clubes galegos para ofrecerlles os nosos novos packs. Traballamos tanto a nivel de socios, coma de pais e patrocinadores.
FIL: Explícanos! Resulta curioso. Como podedes axudar aos socios, e aos seus equipos, dende unha plataforma web?
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
D.L: Temos unha plataforma para os equipos que lles permite a estes non ter que perseguilos ata a porta das súas casas para cobrar. Cun Whatsapp pode ser suficiente e poden renovar o seu abono automáticamente cun botón. Ademais, os clubes poden ir cobrando xa en xullo e non agardar ata novembro, tendo así o diñeiro máis dispoñible. Tendo maior marxe de actuación. O único problema é coa xente maior, polo tema da tecnoloxía. Pero é moi sinxelo o manexo tanto para os clubes como para os afeccionados.
FIL: E a liña dos pais? Qué nos podes explicar dela?
D.L: O tema dos pais vai na mesma liña. Poden facer as inscripcións dos seus fillos no equipo a través do seu teléfono móbil. Pagan as cuotas dende a plataforma. Ao clube permítelle dar tamén unha imaxe máis profesional. De dixitalización, de protección de datos, de aviso legal… Estamos cubertos en todo iso. Ao día!
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
FIL: E a última das opcións é para os patrocinadores, non sí?
D.L: Ofrecemos un escaparate máis para eles. Para as empresas que queiran ter certo retorno. Teñen un impacto ás miles de persoas que seguen ao clube na nosa plataforma. Así non quedan só nos valados, na publicidade na camisola, no chándal… Incluso estamos preparando cousas para retransmitir partidos en tempo real. Que sexa todo dende o móbil. Ofrecendo diferentes opcións e que os clubes poidan gañar máis cartos ou xerar impactos.
FIL: Última pregunta. Qué acollida tiveron os vosos plans entre os clubes visitados por Siguetuliga.com?
D.L: Está funcionando moi, moi ben. Nove de cada dez equipos collen algún dos tres plans. Sempre lles interesa, coma mínimo, algún deles!
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)