#Fútbol afeccionado

Sesión Plenario 11: Brais Travería e Luis Romay

A undécima Sesión Plenario xa é historia deste concurso. O cruce entre Brais Travería, xogador da Comercial, e Luis Romay, adestrador do Cospeito, deixou unha cifra récord.

Fixéronse un total de vinte preguntas ata chegar a dar cun gañador. Unha vez feitas as dez cuestións habituais, os participantes chegaron empatados a dous acertos.

Na morte súbita, realizáronse cinco preguntas para o de Portomarín e outras cinco para o de Castro. Pero non foi por cuestión de erros, senón polas respostas correctas tanto de Brais como de Luis.

Foi unha Sesión na que houbo espazo de novo para o humor e os coñecementos. Falamos de fútbol profesional mencionando a Walter Pandiani e a Quique Setién.



Felicitamos aos ‘Antóns’ na semana do seu santo e xogamos cos nomes de Play e Dani Pedrosa. Lembrámonos dun alcume que tivo Santi Gegunde e dun Cabanelas que pasou polo Real Madrid.

Tivo moito protagonismo tamén o Outeiro de Rei, xa que dúas preguntas foron relacionadas con algúns dos seus éxitos deportivos.

Fixemos referencia explícita a Copa Deputación 2022 e xogamos coas rivalidades locais Antas/Monterroso e Iberia/Celta Barreiros.



As inscricións seguen abertas en Sesión Plenario

As inscricións en Sesión Plenario aínda están abertas, faltan catro concursantes por apuntarse para completar esta primeira edición. Quen estea interesado debe mandar un correo a futbolinlugo@gmail.com co asunto SESIÓN PLENARIO.

Por Sesión Plenario pasaron xa xogadores, integrantes de corpo técnico, directivos e afeccionados. Polo momento xa hai once clasificados para a seguinte rolda do espazo que entretén e difunde o fútbol da provincia. 

Kiños foi o gañador da primeira eliminatoria en Sesión Plenario

A Mariña reina en Sesión Plenario

A espera do resultado Brais-Luis, a Mariña é polo momento a zona xeográfica que máis participantes ten nos oitavos de final. O dianteiro Kiños do Folgueiro, o delegado Manu e a afeccionada Noelia do Burela, xunto co atacante Antón Teijeira do Iberia son catro dos que xa pasaron de fase. 

Isaac Rouco Tucho representan á Terra Chá. Andrés Rodríguez (míster da Comercial) deixou quedar ben á capital.

Pola súa banda, David Rodríguez e o Chapu colocaron a Portomarín nos oitavos de final. Ademais de representar por todo o alto ao mundo da arbitraxe e das directivas, respectivamente.



Ás directivas tamén as deixa en bo lugar Koeman. O ex futbolista da Ulloa e presidente do Antas está clasificado para a seguinte eliminatoria.

Concursantes na repesca (xogaranse dúas prazas para os oitavos de final):

1. Lourido, xogador do Meira

2. Víctor Valiño, futbolista do Relámpago Taboada

3. Sotogol, xogador do Celta Barreiros

4. Samu López, futbolista do Racing Villalbés B

Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta undécima Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.

o cospeito e a comercial protagonistas en sesión plenario

Nesta undécima Sesión Plenario coincidiron dous integrantes da Segunda Rexional norte. O Cospeito está realizando unha gran temporada con Luis Romay aos mandos por terceira campaña.

«Logo dun comezo difícil, estamos nunha boa dinámica. Afrontamos a segunda volta tratando de continuar con esta xeira positiva», afirma o adestrador dun Cospeito clasificado en postos de fase de ascenso á Primeira.

Pola súa parte, a Comercial atópase na zona baixa do grupo. Ten certa distancia co descenso directo, pero pelexa pola salvación ante os posibles arrastres.

Non obstante, a zona baixa e media están bastante igualadas. A Comercial vive o curso do seu regreso á Segunda logo do ascenso da primavera pasada.

«Os resultados non nos acompañan por desgraza, pero estamos traballando. Confiamos no grupo e no adestrador e hai que levantar a situación«, recalca Brais Travería.

Sesión Plenario 11: Brais Travería e Luis Romay

A Porra de Futbolinlugo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *