Futbolinlugo estrea o cuarto capítulo de Sesión Plenario. A quinta eliminatoria cruzou ao futbolista Adrián Paz ‘Tucho’ (con experiencia no fútbol campo e no fútbol sala) con Javi Regueiro, actual xogador do Ribeira FS. Ambos son caras recoñecidas na súa área de influencia e tiveron unha diferenza mínima nas dez preguntas desta semana.
Esta eliminatoria foi a primeira na que xa non houbo a opción de repesca. Ata o momento ninguén quedara eliminado directamente. Pero dende xa o que teña máis acertos pasa aos oitavos de final e o que perda queda eliminado do concurso.
Concursantes clasificados para os oitavos de final:
1. Kiños, xogador do Folgueiro


2. Manu, delegado e directivo da SD Burela
3. David Rodríguez, ex árbitro
4. Antón Teijeira, xogador do Iberia

5. Tucho, xogador de fútbol campo e fútbol sala
Concursantes na repesca (xogaranse dúas prazas para os oitavos de final):
1. Lourido, xogador do Meira
2. Víctor Valiño, futbolista do Relámpago Taboada
3. Sotogol, xogador do Celta Barreiros

4. Samu López, futbolista do Racing Villalbés B
Esta nova sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.
A participación en Sesión Plenario aínda está aberta. Quen estea interesado debe mandar un correo a futbolinlugo@gmail.com co asunto SESIÓN PLENARIO. Quedan as últimas prazas libres. En total serán 28 concursantes nesta primeira temporada.
O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta quinta Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.