O equipo de moda neste comezo de ano na Primeira Futgal é o Xove Lago. Os mariñáns xa suman seis victorias consecutivas na mellor xeira do grupo lucense, o que lles permite alcanzar a quinta posición despois de gañar ao San Lázaro por 1-0. O seu cadro de xogadores, marcado pola gran xuventude, está comandado por Santi Silvar, que recalca que a chave do equipo é a confianza nunha metodoloxía e a ilusión de toda a plantilla.
Futbolinlugo: O Xove Lago está nunha gran xeira de resultados, son xa seis victorias consecutivas. Como está a situación dentro do equipo?
Santi Silvar: Desde o inicio da tempada era un equipo que comezaba xa non de cero, senón de menos dez porque o Xove Lago estaba a piques de desaparecer e houbo un cambio de directiva, onde entrou Antonio Meitín coma presidente. Intentamos fichar xogadores novos que tivera ilusión por xogar ao fútbol e que nos permitira facer un cadro competitivo. Non tivemos un arranque doado, pero cunha metodoloxía marcada e con sacrificio os resultados chegaron e chegou a ilusión. Estamos nunha zona tranquila, pero o primeiro obxectivo é ter a salvación matemática e a partir de aí loitar o máximo posible.
Fil: Onde estivo o punto de inflexión de cara a esta xeira que comezou o ano pasado?


SS: A clave estivo na confianza e na motivación dos rapaces. Co noso xeito de traballar a nosa vontade era que creran en si mesmos, que se coñeceran e que traballaran xuntos. Se eles non cresen isto sería imposible. A gran culpa é deles, que confiaron no traballo do adestrador e executárono no campo. Dende a pretempada expliqueilles que era unha categoría complicada con xente veterana e intensa e eles creron en si mesmos e co traballo chegan os resultados. O único que podo dicir é que estou moi agradecido ao grupo.
Un Xove Lago cada vez máis goleador
Fil: A xeira veu da man dun paso adiante na ofensiva, como se deu?
SS: Cando tes xente nova, iso chega a través da confianza. Ao comezo encaixábamos moitos goles e ao final conseguimos cortar iiso. No ataque, somos un equipo que xera moitas ocasións de gol. A fichaxe de Cora axudounos moito ofensivamente, Jesús recuperou a forma despois da lesión, recuperamos a Hugo na faceta goleadora. A clave era que confiaran e coa constancia estano conseguindo.

Fil: Seguinte partido contra o Foz, que é o voso perseguidor. Cal cres que pode ser a clave para sumar a séptima victoria consecutiva?
SS: Intentarémolo, pero vai ser complicado. O Foz ten un cadro moi compensado e nós contamos con máis xuventude. Ata esta xornada nós eramos os perseguidores deles. O Foz está chamado a loitar arriba e nós estamos arriba grazas ao noso traballo. Afrontámolo con moitas ganas, sobre todo co pique propio da rivalidade, e temos moitas ganas de gañar despois de que eles o lograran na primeira volta. Enfrontámonos a un gran rival cun técnico coma Pelayo que leva demostrando o que vale moitos anos na categoría e buscaremos seguir sumando.