#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Sae Villares; entra Julio Delgado, novo lucense na Terceira Galega

Foto de portada: Ourense CF

A décimo quinta xornada da 1ª fase non volveu vivir allea a pandemia. Suspendéronse seis encontros entre os dous grupos. A zona norte foi a máis afectada. Só se xogaron os partidos do Racing e do Viveiro. Por outro lado, a resaca da finde deixou cambios nos #LucensesNaTerceiraGalega desta tempada.

Saídas das que gustan e unha nova chegada:



Diego Villares xa non protagonizará esta sección no que queda de curso. O futbolista vilalbés foi anunciado esta semana como novo xogador do primeiro equipo do RC Deportivo. O capitán do Fabril era un dos referentes do equipo na Terceira e foi titular en todos os partidos xogados ata o momento no filial branquizaul. Esta incorporación acontece cando o conxunto preparado por Valerón leva tres semanas sen poder xogar. E cadra tamén cando o Racing ía visitar Abegondo. Polo que non haberá encontro no campo coa última perla da canteira racinguista.

Julio Delgado incorpórase aos Lucenses na Terceira Galega. O xogador de Burela fichou polo Ourense CF da zona sur. Julio chega o cadro ourensán logo de acumular varias experiencias en equipos de Segunda B como o Celta B, o Racing de Ferrol, o Atlético Baleares, o Murcia, o Castellón, o San Sebastián de Los Reyes ou o Villanovense. O último equipo do extremo esquerdo foi precisamente o equipo de Villanueva de la Serena. Este curso foi titular en seis partidos no grupo V da categoría de bronce.

Esta era a 3ª tempada de Villares no Fabril

O partido con máis lucenses:



Quince lucenses estiveron presentes este pasado domingo no Manuel Candocia. O Somozas derrotou ao Viveiro (3-0). No cadro de Ferrolterra contou con minutos o viveirense Aldán Naval. Entrou no terreo de xogo no minuto 66 no canto de Bruno Bellas. Pola súa parte, no Viveiro participaron catorce xogadores da provincia. Por segunda semana seguida, Chusky puxo a xogar a un once plenamente lucense. Non obstante, un deles acabou expulsado. Uriol recibiu o cartón vermello directo. Bebo e Manu, integrantes do corpo técnico, tamén foron expulsados.

No encontro volveu ter minutos o xuvenil Luis Pernas. Pola contra, gozou dos seus últimos coa camisola celeste Aitor Moreda. O atacante focense non continúa no Viveiro e volve ao Racing Villalbés.

Na Magdalena déronse cita dez futbolistas de Lugo. Iago López foi titular no Bergantiños e xogou todo o partido. Nove xogadores participaron no Racing. Co regreso de Santi Gegunde logo dunhas molestias nun nocello. E unha nova titularidade de Rares.

No Carballo de Atios houbo catro protagonistas da provincia. Xusto no encontro no que o Arenteiro encaixou a súa primeira derrota da tempada. Aínda que segue líder da zona sur. Víctor Eimil volveu ser da partida e xogou todo o encontro. O duelo estivo arbitrado por David Pereira Ferreiro e asistido nas bandas por Adrián López Bermúdez e Adrián Fernández Teijido.

Alberto Suárez volve xogar encontros completos co Choco. Foto: Facebook CD Choco

Ross e Alberto Suárez ao completo:



O Arousa igualou ante o Barco (2-2). Desaproveitou a oportunidade de colocarse na cabeza do grupo. Ross xogou todo o partido. Leva trece coma titular na tempada. Xogou todos os que leva nesta tempada o conxunto preparado por Rafa Sáez.

O Choco venceu ao Ourense CF (2-0). Alberto Suárez volveu xogar un partido completo. Hai dúas xornadas regresou ao equipo logo da súa lesión. E na anterior finde xa fora da partida de inicio pero logo fora substituído.

Partidos aprazados con representación lucense: 

PolvorínAs Pontes

Arzúa – Fabril

Silva – Agrupación Estudiantil

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *