#Entrevistas #Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Rubén Acebedo, Celta Barreiros: «Penso que temos equipo para sacar bos resultados»

barreiros

Barreiros volve estar de moda. Logo dun ano moi duro na Segunda Galicia que rematou co descenso, o Celta Barreiros quere voltar pola vía rápida á categoría. A directiva apostou por un técnico novo, pero formado, que afronta a súa primeira experiencia nun banquiño senior no Cascabeiro.

Rubén Acebedo Costa (O Navallo -A Pontenova-, 1988) deu o salto desde a base da SD Ribadeo ao concello «das praias» para facerse cargo do Celta Barreiros. O seu debut, polo de pronto, está a ser impecable. Dúas victorias en dous partidos, nove goles a favor e tan só un en contra son os números dos mariñáns neste comezo de campaña na Terceira Galicia.

Hoxe reciben no Cascabeiro á Piringalla, que chega con catro puntos, sen coñecer a derrota e sen encaixar ningún gol. Antes do vibrante duelo, quixemos compartir unha charla co técnico local, que destacou pola súa humildade e ilusión.

Futbolinlugo: Máis alá dos resultados, que sensacións está deixando o equipo?



Rubén Acebedo: Boas. No primeiro partido, aínda que o resultado foi máis curto, saín moi contento, pois penso que dominamos ao Castroverde de principio a fin e incluso merecemos algo máis. O outro día en Friol estivemos todos bastante despistados no primeiro tempo, pero tras axustar un par de cousas no descanso volvemos ser nós mesmos e moito mellor.

FIL: Como definirías o xogo dos teus pupilos?

RA: Se teño xente para facelo -e creo que este ano sí que a teño- intento presentar un xogo asociativo, sobre todo na casa. Teño rapaces moi novos que, acompañados por xente como Hugo, Soto… penso que poden destacar polo seu bo trato de balón. Se podemos saír xogado é o ideal, pero se non se pode tampouco pasa nada por buscar os espacios á espalda da defensa rival. O que si me gusta moito é a presión alta sen balón en campo contrario, iso é prácticamente innegociable.



Rubén deu o salto a senior logo de adestrar na base da SD Ribadeo.

FIL: Pensas que podedes manter esta boa xeira?

RA: Esperemos que si. Aínda que quizais fóra da casa, en campos pequenos de herba natural, pode que nos coste algo máis. Ao final a liga é moi longa e todos queren ganar, pero penso que temos equipo para sacar bos resultados. A falta de experiencia de parte do meu equipo, sobre todo contra rivais máis afeitos a competir en Rexional, pódenos pasar factura nalgún partido.

FIL: Xa coñecías a meirande parte dos teus xogadores, cos que coincidiras na base da SD Ribadeo.

RA: Si, viñeron oito xogadores da SD Ribadeo. Jhoseba ten 23 anos, Hugo ten 24, Casanova 21, Jaime 21… quitando a Soto que ten 34, Edi 37, Cayón 40 e René 31, o resto non pasan de 24 anos. Somos un equipo moi novo, con rapaces que acaban de saír de xuvenís e teñen 19 anos, e incluso dous xuvenís, Roi e Antón, con 18. Ao ser tan novos, en campos pequenos nos que hai máis contacto, eles mismos din que notan a diferencia no salto desde a base.



«En fútbol senior tan só te preocupas de adestrar.»

FIL: E ti, notas moita diferenza entre o fútbol base e o fútbol senior?

RA: A diferenza é grande. En fútbol base sempre tiven bos grupos e estiven moi contento cos rapaces e cos pais, pero en senior hai diferencias. Para empezar, ves adestrar sen preocuparte de máis cousas. En fútbol base tes que estar atento a moitas máis cousas, porque tratas con nenos. Aquí ves, adestras fútbol e o resto non ten que preocuparte.

FIL: Aínda que ti xa estás afeito aos vestiarios de adultos desde a túa etapa como xogador.

RA: Si, hasta os 30 anos xoguei toda a vida, cando comecei a adestrar. Sempre me gustou o sentimento de pertenza a un vestiario, de ter todos un obxectivo común. Ese é un dos gusanillos do fútbol para min.

FIL: Que che fixo asinar polo proxecto do Celta?

RA: Empezar de cero, coma quen di. Empezas desde abaixo, tes moita marxe para adaptar o equipo aos teus gustos. A directiva foi encantadora conmigo desde o primeiro día, os xogadores que xa estaban e as fichaxes que non coñecía portáronse de dez desde o día 1, estou ao lado porque vivo en Ribadeo… As instalacións son unha pasada, é un luxo adestrar nun campo como o Cascabeiro… todo é a favor, estou encantado.

FIL: O que sí parece é que detrás do equipo hai unha directiva implicada.

RA: Si, si. Desde o primeiro momento, todo o que pedín, mo cumpriron. Cada semana lémbranme que se necesito algo, que o pida. Non poñen ningunha traba, é todo sumar. Nada que dicir deles, unha pasada.

O cadro do Celta Barreiros, posando para a V Guía Futbolinlugo.

FIL: En canto a xente de Barreiros, están enganchados ao Celta?

RA: Polo que sei, o ano pasado foron perdendo afluencia co paso da temporada. Pero xa en pretemporada vin algo de ambiente, o outro día contra o Castroverde había bastante xente, e a Friol igual se desprazaron 20-30 persoas… que xa non está mal, hai que ir pouco a pouco. Está claro que os resultados sempre acompañan a que o público acuda ao campo.

FIL: Hoxe chega ao Cascabeiro a Piringalla, imbatido e invicto con catro puntos.

RA: Si, algo ben están facendo. Coñezo algo a eses rapaces porque son da mesma xeración dos que tiven eu en Ribadeo. Só anotaron un gol pero non encaixaron ningún… seguro que a nivel físico andan ben, que son fortes nas disputas… pero se en dous partidos non encaixaron ningún gol é seguro que van dar moita guerra.

«Ojalá siga moito tempo no Cascabeiro, pois estou encantado con todo o mundo aquí.»

FIL: É cedo para sacar conclusións, pero quen pensas que son os favoritos do grupo?

RA: Non coñezo moito a categoría, pero o Goiriz fichou ben e comezou goleando. Os equipos de nova creación, con rapaces novos, seguro que teñen proxectos fortes como o noso, conxuntos como o Rioaveso ou o Celeiro que sempre se fan fortes na casa… penso que calquera pode ser candidato. En dúas xornadas, todos os equipos menos nós perderon puntos, así que está claro que vai estar moi igualado e todos nos vamos deixar puntos.

FIL: Non tardarán en chamar a Rubén Acebedo mozas de diferentes categorías.

RA: Ogallá estea moitos anos aquí, que estou moi cómodo e moi contento. Eu levo tan só dous partidos en Rexional, nin se me pasou pola cabeza que me chame ninguén. Pero ogallá siga aquí moito tempo, porque estou encantado con todo o mundo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *