A Terceira máis atípica que se lembra nos últimos anos vai rematar esta fin de semana. Un acceso á Segunda RFEF e unha permanencia na categoría están en xogo. Hai #LucensesNaTerceiraGalega que xogarán a final por elevar o seu nivel. Pero xa non haberá lucenses que pelexen pola salvación logo do éxito do Arzúa conseguido a finde anterior.
Play off acceso á Segunda RFEF:
Ross e Aldán Naval serán os representantes da provincia na final por acceder á Segunda RFEF. Xogarase este domingo ás 17h na Lomba entre o Arousa e o Somozas. O cadro local ten o factor campo ao seu favor e tamén o pase no caso de empatar ao remate dunha hipotética prórroga.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Precisamente esa circunstancia valeulle ao Arousa para meterse na final. Porque igualou a cero ante o Estradense nas semifinais logo de xogar 120 minutos. Ross foi titular e xogou todo o partido.
Ross: «Cando xogas todo é moito máis fácil»
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Momento do equipo: “Vexo ao equipo ben. Con moita gana e ambición. Estamos adestrando a tope para chegar o mellor preparados. Desexamos que chegue o día para competir dándoo todo”.
Obxectivo: “O club leva varios an0s pelexando por ascender. Este ano estamos nesa situación. Formouse un gran cadro de xogadores e o obxectivo é ese. Esta fnde e o día que máis cerca imos estar. A afección e o club teñen gana. Presión sempre existe neste tipo de partidos, pero estamos tranquilos. Imos dalo todo».
A nivel persoal: “Cando xogas todo é moito máis fácil. Estou moi contento, sobre todo, polos resultados obtidos. Somos un dos equipos que menos encaixou e iso cando es defensa, valórarse».
Pola súa banda, Aldán Naval non tivo minutos na vitoria do seu equipo ante o Polvorín. O futbolista viveirense si que estivo na convocatoria pero non tivo opción de xogar no céspede do Anxo Carro.
Aldán Naval: «Non contaba con estar nesta situación»
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/10/aldan_naval1.jpg)
A nivel persoal: «Atópome ben. O certo é que non contaba con estar nesta situación. Agora mesmo non creo que dependa de min, pero o que me queda é seguir traballando ao máximo».
Momento do equipo: «Vexo ao equipo moi motivado. Tanto no vestiario adestrando, como fóra dos adestramentos cando falamos entre os compañeiros. A xente está moi metida. E con moitísima gana de gañar o partido da Lomba.»
Obxectivo: «Non sería un fracaso. O Somozas é un club moi familiar e non creo que cambien as cousas dentro do equipo e na directiva. Pero si que é unha ilusión e o equipo merece estar polo feito tamén en tempadas anteriores en Segunda B.»
Grupo permanencia:
Pedro Delgado e Brais Prieto xogaron todo o partido que significou a permanencia na categoría para o Arzúa. Derrotaron no Couto ao Ourense CF. O ‘Queixo Mecánico’ consegue a salvación por segundo ano consecutivo.
O ano pasado estaba sendo un dos equipos revelación da categoría cando chegou a pandemia. E este curso salvouse do corte importante de equipos que se produce na categoría.
Julio Delgado foi titular e completou todo o encontro no duelo ante o colectivo arzúan. O Ourense CF xa conseguira a salvación hai dúas xornadas. Agora tenta rematar esta difícil temporada do mellor xeito posible.
Só queda unha praza de permanencia que será para o Barco ou a UD Ourense. Será unha xornada intensa para Futbolinourense. O conxunto de Valdeorras é o que mellor o ten. Sérvelle puntuar sen mirar o resultado do equipo da cidade ourensá.
Tamén tiña a continuidade na Terceira asegurada o Viveiro. Precisamente o cadro da Mariña perdeu en Calabagueiros nesta xornada ante o Barco. Non obstante, trece futbolistas da provincia tiveron minutos. Entre outras cousas, o partido supuxo a reestrea de Tomás Fernández ‘Tomy’ na Terceira División. Xa o fixera na súa etapa de xuvenil no CD Lugo nun partdo.
Á espera dun descenso máis, o Ribadumia, a SD Fisterra, a Agrupación Estudiantil, o Atios, as Pontes, o Paiosaco e o Pontellas baixan de categoría. O cadro pontés conseguiu a súa primeira vitoria nesta segunda fase. Venceu con claridade no Carballo ao Atios. Brais Vázquez volveu ser titular baixo paus. Sumou a súa décima presenza na categoría.