#Feminino #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Preferente Futgal #Segunda Futgal #Xuvenís

Que ver esta fin de semana? (4-5 novembro)

O mes de novembro comeza con forza polos campos da provincia. A primeira cita destacada témola no fútbol base, onde se enfrontan dous dos máximos representantes do fútbol da cidade de Lugo. A Milagrosa defende liderato a domicilio. Tamén defende o primeiro posto o Guitiriz que recibe ao Pol, segundo clasificado. Un punto é a diferenza que hai entre os dous na clasificación. Para o domingo quedan dous dos derbis máis agardados. Un dos clásicos da Mariña, dous conxuntos  en horas baixas veranse as caras en Cantarrana. O outro duelo, menos habitual na Preferente, enfrontará tamén a dous clubs veciños. Por último, destacamos o primeiro partido oficial que xogará na súa casa a Milagrosa B.

 

A Milagrosa B afronta o seu segundo encontro oficial, despois de vencer na súa estrea fóra da casa por 0-1 ante o Olímpico

SÁBADO

16:00 horas. EF Polvorín A – SCD Milagrosa. O Polvorín. 1ª Autonómica Xuvenís. Grupo norte



16:15 horas. Guitiriz – Pol. Suso Cruz. Segunda Galicia. Grupo norte

18:00 horas. Milagrosa B – Sporting Cambre B. Luis Gorgoso. Liga Feminina de Fútbol 8

DOMINGO



16:15 horas. Viveiro-Ribadeo. Cantarrana. Preferente

16:30 horas. Outeiro de Rei-Castro. Municipal de Outeiro. Preferente

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *