#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Que foi de… Edrosa: a perla ponse a punto sen presión

Edrosa e ao fútbol como os ovos ás galiñas. Unha simbiose tan perfecta como necesaria. Que comezou co pai segando a banda do Anxo Carro e; continúa, por agora, co seu fillo impartindo cátedra pola provincia adiante. Gonzalo Edrosa Anllo (A Pastoriza, 14/07/1997) é un doutor do balompé en excedencia. Un mediapunta zurdo de trato de balón exquisito, un talento da Galicia profunda. Un home que busca o seu camiño fóra do mundo da pelota. Sendo moi consciente de que o balón nunca deixa de xirar.

FUTBOLINLUGO: Boas Gonzalo! A que anda Edrosa actualmente?

EDROSA: Boas. Preparando as oposicións para profesor de Secundaria de Lingua Castelá. É a miña prioridade e ocupa a maior parte do meu día. Ademais, sigo recuperándome dunha lesión grave, que requeriu operación.

FIL: Como foi esa lesión?



Valoras as pequenas cousas, como correr quince minutos sen dor

EDR: A miña lesión apareceu hai dez meses, cando fichara pola Residencia. Xusto na segunda semana de pretemporada, cando mellor me atopaba a nivel físico. Deume unha picada, pensei que era o psoas. Pero non. Meses de incertidume… Nin os fisios eran capaces de dicirme o que tiña. Fun ao traumatólogo e díxome que tiña unha deformidade tipo ‘Cam’, un choque entre fémur e cadeira para que nos entendamos todos.

Edrosa, na súa etapa en Castro

FIL: E tocou pasar polo taller. Chapa e pintura…



EDR: Tardei dous meses en operarme, ata agosto. Saiu todo ben. Agora levo case cinco meses e estou empezando a trotar pouco a pouco, con molestias. Pero xa vexo a luz ao final do túnel. Os peores meses xa pasaron. Aprendín a valorar as pequenas cousas, como correr quince minutos sen dor. Ou xogar un pádel cos amigos. Valoras todo. Todo ten a súa parte positiva.

FIL: Que foi o máis duro deste proceso?

O mellor momento foi cando me dixeron de operarme

EDR: O máis duro… foi a ilusión que tiña. Quería xogar na Residencia. Tal e como era a Liga, tiñamos posibilidades de meternos na fase de ascenso. Faltounos un partido. Eu estaba moi contento. A Antonio xa o coñecía, a Meilán gárdolle moito agarimo (aínda que ao final non me chegou adestrar), o preparador físico Héctor… E os compañeiros, espectacular. Eu sentíame parte do grupo importante pero a lesión foi un golpe bastante duro. Ao nivel da incertidume de non saber o que tiña, ver que fas todo e máis e non vas para adiante. Parece contraditorio pero o mellor momento foi cando me dixeron de operarme. Aí sabía que era o punto de partida para recuperarme.

FIL: Chegará Edrosa para o final de temporada coa Residencia?

EDR: Eu comuniqueilles que, en principio, non ía seguir este ano xogando. Teño moitas cousas. Non quero meterme máis presión da que teño e estar suxeito a un horario. Este ano priorizo a oposición. Pero quen sabe… Non é unha retirada, son circunstancias. Con máis tempo libre, igual xa estaba xogando. Non sabemos o que vai pasar mañá, como para pensar en anos…

Non é unha retirada, son circunstancias

FIL: Cando e onde foi a túa última aventura no noso fútbol?

Edrosa, co Racing Villalbés

EDR: A miña última experiencia foron seis partidos, de febreiro a marzo de 2020 en Outeiro de Rei. Xusto antes da COVID. Unha etapa curta da que me levo moitos amigos. A nivel futbolístico non foi a mellor pero quedo cos Jorge, Renda, Alvarito, Trigo…

FIL: Deixando o fútbol a un lado, agora Edrosa é youtuber. Non si?

EDR: Non exactamente. Comecei en novembro cun proxecto. Un podcast que está en Spotify e Youtube, que se chama ‘De Contos’. A idea xa levaba un ano na cabeza. Decidinme, comprei un micro e empecei a ser autodidacta no tema. Gústame moito xa que podo falar de calquera tema e sírveme para soltar as miñas inquedanzas. E o podcast paréceme o sitio ideal.

FIL: Sona interesante, cóntanos máis!

Podemos ir falando xa para facer un podcast con Futbolinlugo

EDR: Trato todo tipo de temas, ás veces en formato charla. O das charlas é moi interesante. Por exemplo, podes entreter á xente ao mesmo tempo que podes sacar algo en claro. O outro día veu Peke, a mellor xogadora do mundo de fútbol sala. Por exemplo con ela, sacamos á luz a situación precaria do fútbol feminino ao mesmo tempo que eu ía aprendendo xa desde o proceso de documentación e busca da información.

Luca´s Grill

FIL: Para rematar, teremos que facer un capítulo de De Contos e Futbolinlugo…

EDR: Claro que ten que haber un capítulo de Futbolinlugo. Iso xa o podemos ir falando. E pode quedar algo chulo. Vós dádeslle visibilidade a un tema de interese, profesionalizades o fútbol lucense en certa medida. Eu como xogador que fun sempre che gustaba verte nos Máxicos ou destacados da xornada.

Que foi de… Edrosa: a perla ponse a punto sen presión

Cinco dos sete lucenses de Preferente terían

Que foi de… Edrosa: a perla ponse a punto sen presión

Juan Peón, CD Castro: ‘Somos un equipo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *