#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Presentamos as novidades do IV All Star Futbolinlugo

Acércase a recta final do curso e con ela un novo All Star Futbolinlugo. Poderiamos consideralo xa un clásico do verán, xa que alcanzaremos a cuarta edición este próximo sábado 22 de xuño. Como xa dixemos, Guntín será a sede do mesmo. Concretamente, o campo do Ladairo.

Entrega de medallas da pasada edición en Mondoñedo

Mantemos a esencia do evento, cos seus concursos e homenaxes así como os partidos masculino e feminino nos formatos habituais. Este curso concentrados nunha intensa sesión de tarde, como na primeira entrega que fixemos en Burela alá polo 2019.

Porén este ano vimos cargados de novidades. Desde unha actuación musical ata unha ‘Fan zone’ da man dunha empresa referente no sector deportivo e tecnolóxico: BMS Sport Health.

Reforzaremos considerablemente a oferta culinaria, cun carro de xeados incluido da emerxente Xeou. E por vez primeira, os participantes do IV All Star Futbolinlugo contarán cun servizo de Fisioterapia gratuíto durante o evento. Cortesía do noso patrocinador En Boas Mans. Incluso poderedes cortar o voso cabelo no propio campo por tan só 11€ con Marino A Barbería (xogadores, adestradores e público en xeral).



A gran festa do fútbol lucense alcanza un novo nivel en Guntín. E terá máis participación da nosa fiel audiencia que nunca. Xa que este ano, vós elixiredes aos dous adestradores do noso balompé que acompañarán aos padriños desta edición: os porteiros Roberto Fernández e Adrián Laureda. Ambos, ex do CD Lugo entre outros equipos.

No capítulo feminino, aumentamos o número de técnic@s. Pili Neira repetirá en Guntín. No bando contrario, anunciaremos moi pronto quen será a súa gran rival. Porén, este ano ambas madriñas estarán acompañadas por quen vós queirades.

Podes votar aos teus adestradores e adestradoras favoritos escaneando ou facendo click neste código QR

Abrimos a votación desde hoxe mesmo ata o vindeiro venres 10 de maio ata as 15.00 horas. Poderedes elixir os vosos adestradores e adestradoras preferidos de entre a escolma que fixo o equipo de Futbolinlugo (en base a criterios deportivos e meritorios durante a presente tempada). Sabemos que algún sempre se vai quedar fóra, pero é a nosa elección. Meditada e feita con todo o agarimo do mundo.



Unha vez pechada a votación, a organización desta casa poñerase en contacto cos diversos técnicos seleccionados. Respectando sempre a orde de preferencia que nos fixestes saber. Quere dicir, que se a vosa primeira elección non pode/quere acudir a Guntín o 22 de xuño; iremos a pola segunda opción. E así sucesivamente. Esta é a vosa festa. E cada ano máis grande! Vémonos no Ladairo!

Presentamos as novidades do IV All Star Futbolinlugo

Máxicos Salvatierra Abogados. Xornada 31

Presentamos as novidades do IV All Star Futbolinlugo

O CD Lugo aférrase á vida cun

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *