#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Sin categoría

Preferente moi lucense e Primeira durísima

Esta semana tamén poidemos coñecer a composición da Preferente Galicia Norte e da Primeira Galicia. Na primeira das categorías contaremos coa participación de sete clubes lucenses. Ribadeo, Polvorín e Viveiro pelexarán polos postos sobranceiros unha campaña máis. Prazas nas que quere estar de novo o Atlético Escairón ou o recén descendido Castro. Os ascendidos Residencia e Outeiro de Rei buscarán consolidarse na categoría. Os rivais dos nosos serán os seguintes: As Pontes, Dubra, Ordes, Estudiantil, Paiosaco, Arzúa, Xallas, Atlético Arteixo, Sofán, Betanzos, Boimorto, Dumbría e San Tirso.

Unha categoría máis abaixo, atopamos a nosa querida Primeira Galicia. Unha competición que se antolla máis complicada que nunca. Os descensos do Lemos, Chantada e Sarriana farán que algún se quede sen o premio do ascenso. Ou incluso todos, xa que a terna de aspirantes non é precisamente pequena: Foz, Monterroso e Santaballés saen, de partida, con serias opcións. Non descarten tampouco a convidados ‘estrela’ á festa: os Valadouro, Riotorto, Xove ou Pastoricense.

Estes serán os 18 adestradores da Primeira Galicia

Logo quedaría a loita pola permanencia. Unha pelexa que semella a cara de can esta nova campaña. Os recén ascendidos San Roque, Pontenova, Ferreira e Xermade agardan consolidar a súa praza na categoría en detrimento de clásicos coma o Taboada, Páramo, Bóveda ou San Ciprián. Xa está tardando en comezar unha festa, da que xa coñecemos a todos os ‘crupiers’ que xogarán as súas cartas sobre os tapetes da provincia.



Preferente moi lucense e Primeira durísima

Diario dun mercado. Episodio 34

Preferente moi lucense e Primeira durísima

Diario dun mercado. Episodio 35

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *