O partido da xornada . . . C.D. Guntín – Muimenta S.D.: a última praza de ascenso a Segunda en xogo
Marcos Fernández / 7 años
04/05/2018
0
5min de lectura
Este domingo ás 17 horas no campo de Ladairo disputarase o encontro de volta da eliminatoria polo ascenso a Segunda Autonómica. Unha auténtica final entre o C.D. Guntín e a S.D. Muimenta, na que o cadro local parte cunha lixeira ventaxa, acadada no encontro de ida no Pichón que rematou con empate a un gol.
O Guntín cumpre a súa segunda temporada en Terceira Autonómica, logo de descender na campaña 2015-2016. Esta temporada, tras un mal comezo, non conseguiu entrar na promoción de ascenso e tivo que conformarse con disputalo Torneo Delegación no Grupo Sur, do que saiu campión tras unha loita de igual a igual coa S.D. Paradela que se resolveu na última xornada.
Para o decisivo encontro ante o Muimenta, o gol acadado na ida por Saad Mohamed pode ser clave. Para Edu, presidente do C.D. Guntín «afrontamos o encontro con moitas ganas de voltar a Segunda Autonómica. O encontro será difícil, pero confiamos nos xogadores e sabemos que van poñer todo da súa parte para gañalo encontro. Guntín merece o ascenso e o domingo ímolo conseguir«. O máximo mandatario do clube sabe da importancia de ter marcado en campo visitante, «temos que loitar por manter a porta a cero, xa que, pra eles é básico marcar. Vai ser un encontro moi bonito e máis nun terreo de xogo como é hoxe o campo do Guntín«.
📣 "Cando se aplaude agora ou dentro dun pouco?" 😂🔝
Pola súa banda, a S.D. Muimenta quere retornar a Segunda tan só un ano despois de descender. E probablemente ao comezo de temporada era dos grandes favoritos para logralo, pero unha primeira fase de competición moi irregular priváronlle de entrar na fase de ascenso, de xeito sorpresivo. Sen embargo, no Torneo Delegación Norte o cadro chairego amosouse intratable acadando o primeiro posto con sete puntos de ventaxa sobre o Friol B.
O encontro de ida ante o Guntín comezou de cara para o Muimenta, adiantándose no marcador cun gol de Miguel Morán, pero non foron quen de administrala ventaxa e están obrigados a remontar en Ladairo sen queren rematalo domingo co ascenso de categoría. O adestrador da S.D. Muimenta, Basi, coméntanos que «chegamos a este encontro moi motivados e con moitas gañas de voltar á categoría perdida o ano pasado. É complicado convencer a unha plantilla para xogar en Terceira, por iso, afrontamos incluso con máis ganas esta final«. Do que lles agarda o domingo, Basi ten claro o que máis lle preocupa, «teñen moita facilidade para chegar á porta rival, ademáis a balón parado son moi perigosos«.
A iso das sete da tarde, coñeceromos o nome do último equipo en logralo billete para disputala vindeira temporada en Segunda Autonómica.
[themoneytizer id=»15360-4″]
ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER…
Preferente Norte
– Atlético Escairón – S.D. Outeiro de Rei (Domingo ás 18 horas no Municipal): ámbolos equipos perderán a categoría, pero os do Saviñao quererán despedirse da Preferente cun bo sabor de boca. Os de Xoán Peón, en cambio, suman tres triunfos consecutivos.
O Outeiro de Rei está a amosar unha moi boa imaxe nos últimos encontros de competición
– C.D. Castro – S.D. Dubra (Domingo ás 16:30 horas no Arturo Pereiro): a boa temporada dos chairegos posiblemente non vai abondar pra entrar na promoción de ascenso. De tódolos xeitos, tentarán seguir sumando ante un rival que non pon nada en xogo.
Javichu, autor dun gol na victoria do Castro no encontro adiado ante o Ordes
Primeira Autonómica
– C.D. Foz – C.F. Riotorto (Domingo ás 18 horas no Municipal): encontro que servirá para que os focenses celebren o ascenso a Preferente diante da súa afección. Diante o quinto clasificado, un Riortorto que está a realizar unha sobresaínte temporada.
O Páramo precisa a victoria ante un rival directo como o San Roque
– S.D.C. San Roque – S.D. O Páramo (Domingo ás 17 horas no Polvorín): encontro crucial na loita pola permanencia. Unha derrota situaría aos lucenses nunha situación case irreversible. O Páramo acumula tres victorias nos últimos catro encontros.
– U.D. Pastoricense – C.D. San Ciprián (Domingo ás 18 horas no Acebreiro): os de Vitín, xa cos deberes feitos, reciben a un San Ciprián, que tras tres triunfos consecutivos, busca unha cuarta que lle poda dar a traquilidade cara as dúas últimas xornadas.
– A.D. Bóveda – A.D.C. Valadouro (Domingo ás 17 horas no Hermanos Somoza): os de Julio Castro, logo do correctivo sufrido o pasado fin de semana no Árbol, busca a reacción no campo do Bóveda, xa descendido.
Chile, un dos fixos esta campaña no once do Valadouro
Copa Deputación
– S.D. Paradela – S.D.C. Santa Comba (Domingo ás 18 horas no Gandarón): primeiro encontro da Copa 2018. O gañador enfrontarse ao vencedor da elimintatoria entre o Becerreá e o Monterroso B.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.