Véxome na obriga de escribir unhas liñas. Agardo que ninguén se sinta ofendido. Porén sí molesto. E se o consigo e porque isto vai proer (‘escocer’). Xa se sabe que moitas veces as verdades fan más dano que as mentiras…
Hoxe o nome da sección vaime ao pouco pelo que teño. Esta reflexión vai de PALABRA, vai de valores… Nun mundo tan fermoso coma o noso, é triste que tódolos anos algúns se empeñen en contaminalo. O balón está cheo de amizade, de compañeirismo, de sacrificio, de superación. O balompé son valores. E o lucense, non é menos. No entanto, sigue habendo xente nel que torpedea, que mancha e tira por terra o gran traballo altruista de moitos.
Dende que iniciamos esta locura, fumos crecendo pouco a pouco. Tratando de axudar, de visibilizar todo aquelo que vos preocupa. Que nos preocupa. A pasada semana chegáronnos, por distintas vías, situacións delicadas. Peliaguadas. E que condenamos firmemente. Non imos dar nomes. Non somos xuices, nin queremos sentenciar a ninguén. Simplemente queremos sacar á palestra un escenario lamentable. Unha experiencia dura que algúns dos nosos están a vivir. E que aínda por riba, gardan no silencio por medo a que a poida empeorar máis.
Por desgraza, non é algo novo. Falamos de falla de palabra, de ‘xogar’ con sentimentos e economías. De «Promesas que no valen nada», como dirían Los Piratas. Porque realmente é iso. E ese maldito título non se me vai da cabeza. Porque é perfecto. Porque describe algo inconcebible. Non pode ser que no verán se lle prometa a un xogador (amateur pero de mentalidade e traballo profesional) unhas cantidades e condicións. Que logo nin cheira. A ningún o vai quitar de pobre, pero nalgúns casos sí lles pode dar para vivir. E aínda que sexan catro duros, falamos de valores. Dun compromiso mutuo. Da palabra de dous homes unidos por un mesmo soño: o dun ascenso ou o dunha permanencia. E cos sentimentos non se xoga. Coas persoas menos…
Cando emerxen estos problemas, moitos abandonan os barcos. Sempre calificados coma ratas. Non serei eu quen o faga. Nin moito menos. Igual son héroes. Buscavidas, que teñen que reiventarse ante a ausencia da resposta estipulada. Merecen tanto respecto coma os que se quedan. Coma eses que seguen ao pé do cañón, e aínda por riba axudando a algún soñador. A ese que se lanzou para facer digno a un escudo e que como recompensa recibe un mísero billete de limosna. A aquel que igual deu un paso atrás na súa carreira para dar dous adiante nun proxecto falsamente ilusionante.
Por favor, que cada un aspire ao que poida. Quizais, o que nos dicía o bon de Juan sexa a solución, non o sei. Pero recordade sempre, que antes dos goles e os ascensos están as persoas. Elas son as que se xogan o corpo cada fin de semana por dignificar un escudo que moitos semellan non saben facelo fóra do céspede. Non convirtamos algo tan grande como o fútbol afeccionado na asquerosa merda do fútbol moderno. Ao final vai haber que firmar contratos para ocupar o espazo que deixan as verbas que se leva o aire… Que tristeza…