![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/09/IMG-20190917-WA0021-300x200.jpg)
Hoxe non falarei de xogadores nin adestradores, adicarei a miña reflexión a unha terceira parte, que cada vez esta a ter máis influencia na nosa base: o pai/nai/familiar de cada cativo.
Simplemente con achegarse un fin de semana a un campo é suficiente para apreciar moitos detalles dende unha grada. Podemos descubrir algún ou varios adestradores ‘camuflados’, que están a dar ordes individuais ao seu neno. Ás veces incluso contrarias e por riba das do adestrador.
O seu neno sempre merece saír de inicio, tirar as faltas, penaltis, non pode ser cambiado. Por suposto, sempre é o mellor. Pódense observar actitudes nas que non só se menosprecia ao adestrador, colexiado ou rival. Senón incluso aos compañeiros. Os nenos actúan e son reflexos do que ven e escoitan, polo que eses comportamentos eles mesmos acaban por trasladalos ao campo ou vestiario.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/09/IMG-20190917-WA0022-300x225.jpg)
Pero a realidade a maioría das veces é outra, e moitos terminan por abandoar incluso antes de chegar ao fútbol afeccionado. Quizais esa ‘terceira parte’ debería de axudar a xestionar a frustración nos malos momento. Deixando a un lado o interés individual e fomentando o sentimento de equipo.
Esquecemos que no fútbol deberían primar os valores colectivos: solidariedade, compromiso, amizade… Certo é que debemos escapar da xeralización, xa que por sorte segue habendo moitos pais que non adoptan estas actitudes.
Lanzo unha proposta, deixemos de querer ter un Messi. Fagamos disfrutar e formemos aos nosos cativos nos valores positivos que nos ofrece este marabilloso deporte: o fútbol.
Denis López Filomena. Xogador do Lemos e formador de persoas e futbolistas.