#Fútbol afeccionado #Opinión #Palabra de #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Palabra de… Chapu: «Todoterreo en Portomarín»

Compañeiros de directiva

Boas. Antes de nada quería agradecer a Futbolinlugo a oportunidade de contar a miña vida no fútbol e o traballo que fan.

Desde que teño uso de razón amei o Portomarín C.F. Con 29 anos podo dicir que pasei por todas as fases do club. Empecei con 5 anos a subir ao Chao da Poza con meus pais e os poucos anos xa facía de recollepelotas e non me perdía un partido aínda que chovera. Tamén xoguei nas categorías inferiores do equipo ata cadetes que foi cando notei que o fútbol non era o meu.

Despois diso deixeino un pouco de lado xa que me dediquei uns anos a arbitrar unha liga pirata de fútbol sala que había aquí en Portomarín. Ata que fai uns anos recibín a chamada de Marcos Arias dicindo se quería ser a súa man dereita e a verdade é que non mo pensei dúas veces. Grazas a esto coñecín a moita xente do mundo do fútbol que considero bos amigos.

O ano pasado estiven a punto de deixar o barco, xa que Marcos deixouno e eu víame sen ganas. Pero entre os rapaces do pobo e a miña moza convencéronme para formar unha directiva nova e con ganas de facer que o Portomarin ocupe o lugar que se merece.



Directiva actual do Portomarín

Ao levar moitos anos neste mundillo véñenseme á cabeza moitos recordos e moitas anécdotas. Como olvidar os ascensos vividos no clube, que son unha das maiores alegrías que levas polo traballo que fas. Unha anécdota boa é a que máis recordo. Foi nun partido de pretempada fronte ao Paradela, o primeiro ano que estaba o gran amigo Roberto Loyo como presidente. Nós daquelas aínda non tiñamos porteiro polo cal puxérame eu. Non paraba de decirlle a Marcos braceando que pitara o final xa que ganamos 2-1.

Sen máis agradecer a todos os xogadores que pasaron polas filas do Portomarin estes anos. Xa que nos pobos pequenos é moi difícil facer equipos. Forza Porto!

Sergio Vázquez ‘Chapu’. Portomarín por bandeira. Agora, un presidente de Primeira



Palabra de… Chapu: «Todoterreo en Portomarín»

Diario dun Mercado. Episodio 142

Palabra de… Chapu: «Todoterreo en Portomarín»

Andrea Mirón: «Sei que algún día volverei

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *