#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Os sobranceiros da Terceira Galicia

A pasada fin de semana comezou a Terceira Galicia e o seu novo modelo de competición. Ó Friol B no grupo centro e o Relámpago Taboada no sur tocoulles descansar na xornada inaugural. A clasificación deixa ao Catro Roldas, Corgo e o Quiroga como os primeiros líderes dunha primeira fase da competición que será máis curta do normal e rematará en decembro.

O grupo norte deixou dous protagonistas no Catro Ventos. Por unha parte a actuación de Diego no Catro Roldas cun gol olímpico e unha asistencia de gol; e por outra o golazo dende o centro do campo de Iván Bellas para o Cazás. Na portería, Javier «Teso» foi crucial na vitoria do Celeiro diante do Rioaveso. No resto do grupo o Cervo colleitou unha importante vitoria en Muimenta e o Celta Barreiros derrotou na casa ao Goiriz.

No centro, Jonatan pasa a historia do fútbol rexional como o primeiro xogador que mete un gol en competición oficial do novo Rábade nunha contra perfecta. Aínda así, quen gañou foi o Fonsagrada grazas a un gran partido de todo o equipo no que sobresae Lucas González con dous goles.  No derbi do Corgo, o conxunto da capital derrotou ao Laxosa que fallou un penalti nos últimos instantes. No outro encontro a Comercial derrtou ao Guntín pola mínima.

No sur, o Quiroga venceu con claridade ao Becerreá FC nunha goleada na que destacou a actuación de Marcos Fradejas que culminou cun gol. No lado contrario, Tomás tivo unha gran actuación a pesar de encaixar seis goles, o equipo viña sen cambios e quedouse cun menos por lesión durante o enconto. No derbi de Sober o empate foi o resultado final, despois de que o Río Sil puidese aumentar a vantaxe cando o marcador ía 1-1, pero o balón petou no pau e paseouse pola liña de gol sen que entrase. Cando o encontro ía 1-2 favorable ao Río Sil, Bruno igualou o choque para o Sober cun potente disparo. No outro choque o Incio gañou con solvencia ao Paradela.



Os sobranceiros da Terceira Galicia

Comezan as ligas provinciais!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *