#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Os onces da novena xornada na Segunda

Guitiriz e Chantada B seguen á fronte da clasificación nos dous grupos da Segunda Galicia, pero a igualdade manda e a distancia cos seus rivais é moi pequeña. No norte, os cinco primeiros equipos teñen unha diferenza de só dous puntos e no sur os tres primeiros tamén manteñen esa mesma distancia. Unha igualdade que tamén se reflicte nos onces da xornada.

No grupo norte, o Guitiriz e o Pol empataron no duelo da xornada, situación que aproveitou o Lourenzá e o Cabreiros para apretala clasificación despois de vencer ao Iberia e ao Mondoñedo, respectivamente. Quen desaproveitou a oportunidade de asaltar a zona de ascenso foi o Burela que non pasou do empate no seu encontro ante o Meira. Despois do Lourenzá, o equipo máis en forma da competición é o Folgueiro que suma xa catro vitorias seguidas despois de golear ao Abadín. Avanza postos o Roupar, logo de vencer ao Cospeito na súa casa. Tamén recuperou sensacións o Alfoz que se reencontrou co triunfo ao gañar ao Matela. O conxunto local púxose moi cedo con 3-0, pero o traballo do Matela e que o Alfoz quedara con nove sobre o campo, fixeron que o resultado se apretara para rematar nun 3-2. Na zona baixa, o Ourol conseguiu o primeiro punto da temporada ao empatar a domicilio ante a Candelaria.



No grupo sur, o Chantada B non fallou e segue líder ao gañar ao outro filial da categoría, o Monterroso B. De preto, séguenlle o Oural e o Friol, ambos venceron ante o Palas e o Portomarín, respectivamente. Quen fallou na parte alta foi o Chantada Atlético que perdeu co Sporting Lucense pola mínima. Quen venceu foi o San Lázaro que non se quere separar dos postos altos e derrotou ao Becerreá. Seguen sumando Santa Comba e Antas que non pasaron do empate, nunha gran actuación, entre outros do central Antonio. O Brollón volveu gañar ao derrotar a Milagrosa no Gorgoso. O Castroverde sumou un punto co Rubián para manterse fóra dos postos de descenso.

 

 



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *