Adultos de diferentes idades, traballadores en distintos oficios, pero todos eles están unidos por una auténtica paixón común, o fútbol! Hoxe, facemos un repaso dunha categoría un tanto esquecida, pero cuxas publicacións iremos aumentando paseniño. Son aqueles que non xogan máis que por diversión, por pasar un rato cos colegas, a pesar de que para eso teñan que soportar temporais como o desta pasada fin de semana. Afeccionados que disfrutan con cada minuto sobre o terreo de xogo, xuntanzas de amigos que o dan todo por gardar un bo recordo do que disfrutar durante a semana laboral… son os veteráns!!!!!!!
Contamos con tres ligas diferentes de veteráns nas que compiten equipos lucenses, diferenciando nelas dúas categorías. A primeira é a coñecida como Primeira Galicia, diferenciando nela a Primeira local e a Primeira provincial.

Na 1ª local o líder é un clube clásico do fútbol veterán da cidade de Lugo, o Sagrado Corazón, con 11 puntos de vantaxe sobre o segundo e o terceiro, Restaurante O Picato e Pastoricense, respectivamente. O Peñarol sigue de preto a estes dous conxuntos, cunha diferencia de tan só dous puntos con eles.

Na 1ª provincial, como o seu nome ben indica, compiten equipos de toda a provincia. Neste caso, a clasificación e dominada por un gran Pol, equipo que avantaxa en 5 puntos ao segundo clasificado, o Atético Illán. O Trasnos é terceiro a tan só dous puntos do Illán, e os cuarto na táboa clasificatoria son os Veteráns de Sarria, 4 puntos por debaixo dos terceiros.



A esta categoría súmase outra, a Segunda Galicia, na que só contamos cunha liga na que participen os nosos lucenses, a Segunda provincial. Esta competición está moi apretada, xa que o líder, o Friol, só está a 1 punto do segundo, A Canteira, e a 2 do terceiro, o Santaballés. Este tres clubes son perseguidos polo Albense, que a pesar de ser cuarto, está a somentes 4 puntos do Friol.
Desde Futbolinlugo continuaremos ampliando a información referente a estes grandes homes e demais clubes do fútbol veterán que, sen dúbida, merecen un amplio recoñecemento.
