Martín Piñeiro, máximo goleador da Terceira Futgal

Os máximos goleadores da Terceira Futgal

Os grupos lucenses da Terceira Futgal xa remataron a súa tempada na competición domestica e afrontan agora tanto o Torneo Delegación coma a disputa do play off de ascenso. Inda así, dos encontros de Liga xa se poden sacar aos máximos artilleiros de ambos grupos. David Muñíz do Castroverde e Martín Piñeiro do Sober foron o terror dos porteiros rivais durante este curso e cos seus goles conseguiron axudar a que os seus equipos xoguen na vindeira campaña na Segunda Futgal.

Muñíz, o goleador do grupo norte

David Muñíz foi unha das pezas clave para que o Castroverde conseguise voltar á Segunda Futgal con 19 goles en 17 partidos xogados. Cun promedio de máis dun tanto por encontro, o dianteiro conseguiu gañarlle a Adrián Vizoso do Goiriz na loita polo pichichi do grupo norte, quedou segundo con 18 goles. Os seus mellores encontros foron ante a Comercial e no día do ascenso ante o Celeiro Club del Mar, onde en ambos encontros anotou catro tantos.

Esta é a mellor tempada na carreira de David na Terceira Futgal. O curso onde tivo uns números máis semellantes foi no 18/19, onde o dianteiro foi capaz de marcar 16 goles en 21 partidos. Despois de varios anos merodeando a decena de goles, pero sen acadala, conseguiuno neste ano futbolístico. Firmou case un terzo dos goles do seu equipo, 61 tantos, e foi un fixo nos onces de Iago Núñez con 17 titularidades no campionato. Ademais, 14 dos seus goles estiveron dentro da xeira de 13 vitorias consecutivas en liga.

Martín Piñeiro, o ‘killer’ da Terceira Futgal

No grupo sur da Terceira Futgal destacou o máximo goleador da categoría no fútbol lucense. Martín Piñeiro, do Sober, conseguiu anotar 23 goles en 18 partidos que axudaron ao conxunto da Ribeira Sacra a conseguir o ascenso no seu grupo. Cun promedio de un 1,28 goles por encontro, só atopou coma rival na disputa polo pichichi a Miguel Pérez do Chantada Atlético B, que superou ao dianteiro en promedio pero non no total de goles con 21 en 15 partidos.



Martín Piñeiro é todo un clásico neste tipo de táboas. Esta é a terceira tempada consecutiva na que o dianteiro consigue superar os vinte goles anotados. Un clásico do gol para un equipo que o tivo coma referencia para obter un ascenso que esperaban con ganas. O Sober foi o equipo máis goleador do seu grupo con 67 goles e obtiveron nos últimos minutos do seu último encontro a súa plaza na Segunda Futgal. O mellor encontro de Piñeiro foi fronte ao Rubián, onde marcou catro tantos.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *