#Fútbol afeccionado

Os equipos lucenses de Terceira e Preferente xa teñen calendario

A Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer na tarde de hoxe o calendario de Terceira División, así como os dous grupos de Preferente. Ámbalas dúas categorías comezarán o 25 de agosto e rematarán o 17 de maio na Terceira e o 7 de xuño a Preferente.

Na Terceira o fútbol lucense repitirá os mesmos dous representantes que a pasada temporada: Polvorín e Racing Vilalbés. O filial do C.D. Lugo debutará na Lomba ante un Arousa que perdeu a Sylla, o seu máximo goleador que xogará no Coruxo, pero que se reforzou con xogadores de garantías. O cadro de José Durán na segunda xornada recibirá no seu feudo ao recén ascendido Pontellas.

O Racing Vilalbés comeza a liga na Madalena ante outro conxunto que retorna á Terceira e que ten no seu plantel un bo número de xogadores lucenses: o C.D. As Pontes. Ademais, pola cercanía xeográfica case pode ser considerado como un derbi. Na segunda xornada, os de Simón Lamas viaxarán á Coruña para medirse ao Silva, no que será o reencontro de Xusto co seu ex equipo.

Pero o auténtico derbi da Terceira non chegará ata a xornada 17, a derradeira do 2019 e case que xa nas festas de Nadal, o Polvorín recibirá ao Racing Vilalbés. O encontro de volta será o 3 de maio, na antepenúltima xornada de competición.



Xusto enfrontarase ao Racing Vilalbés na segunda xornada

Na Preferente contamos con seis representantes: Viveiro, Sarriana, Ribadeo, Foz, Lemos e Residencia. O calendario xa nos regala un derbi na primeira xornada. Será no Martínez Otero entre o Foz e a Sarriana, conxuntos chamados a pelexar por obxectivos diferentes nesta temporada. O Viveiro comezará en Cantarrana ante o Boimorto, un dos conxuntos máis incómodos da categoría,  mentras que o Ribadeo viaxará ao campo do recén ascendido Sigüeiro, conxunto no que milita o mítico Juanito, ex xogador do Deportivo, Betis, Compostela, entre outros moitos. O Lemos debutará no campo do Dubra e a Residencia farao na Cheda ante un Xallas que pelexará cos de Álvaro Meilán por mantela categoría.

O Foz comezará a liga con derbi no Martínez Otero ante a Sarriana

A Sarriana encadeará outro derbi na segunda xornada, cando recibirá na Ribela á Residencia, mentras que na terceira teremos un Viveiro-Lemos, na cuarta un Foz-Residencia e na sexta un máis que interesante Sarriana-Viveiro, dous conxuntos chamados a pelexar polo ascenso. O primeiro derbi mariñán será o 13 de outubro, na oitava xornada e enfrontará a Foz e Viveiro. Ao igual que na Terceira División, xa case nas festas de Nadal, o Ribadeo recibirá ao Viveiro, no que a priori podería ser a reestrea do Pepe Barrera logo das obras de reforma.

Podes consultar o calendario completo da Terceira galega no seguinte enlace: calendario_terceira_19_20



Podes consultar o calendario completo da Preferente no seguinte enlace: calendario_preferente_19_20

Os equipos lucenses de Terceira e Preferente xa teñen calendario

Diario dun mercado. Episodio 123

Os equipos lucenses de Terceira e Preferente xa teñen calendario

Diario dun Mercado. Episodio 124

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *