Os dezaseisavos de final da Copa trouxeron consigo goleadas e moita emoción repartida por toda a provincia, ademais de máis de unha sorpresa. Unha vez rematados todos os encontros, os equipos que continuará na competición da copa serán Residencia, Milagrosa, Santaballés, Escairón, Meira e Lemos, que se suman así a Taboada, Portomarín, Pol, SD Chantada, Xove Lago e Ribadeo, ademais do Chantada Atlético (xa clasificado para cuartos de final).
Partidos de copa da fin de semana de entroido
A Residencia golea ao Outeiro pese ao bo facer dos chairegos (0-6). Dominou o Outeiro ao longo da primeira media hora de xogo, con chegadas claras como un disparo ao pau. Porén, a Residencia mostrou o seu dominio do balón parado e, en dúas xogadas de pizarra, os visitantes anotaron dous goles para abrir unha boa renda antes do descanso.
Xa na segunda metade, un gol de Adri desde o medio campo afundiu ao Outeiro, que baixou os brazos e viu como un rival ao que lle competiu de ti a ti vencía finalmente por 0-6.
A Milagrosa elimina ao Guitiriz nun entretido partido (3-2). Comezaron ben os locais, que anotaron o 1-0 nunha falta lateral rematada por David. O Guitiriz, porén, empatou o choque nun libre indirecto que Pajón rematou introducindo na súa propia portería. Na última xogada do primeiro tempo, Marco rematou un centro de Álex para poñer o 2-1. No comezo do segundo tempo, un erro defensivo da zaga local permitiu a Josito poñer o empate de novo no marcador e o Guitiriz viviu os seus mellores momentos, nos que soñou coa remontada.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Xa na recta final, o capitán Joel Vasco demostrou a súa capacidade ofensiva con un golazo ante o que nada puido facer Erik e que permitiu a clasificación dos albivermellos diante da súa afección, 3-2.
![Santaballés Guntín dos dezaseisavos de Copa.](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/02/image.png)
O punto de penalti da ao Santaballés a clasificación frente ao Guntín (2-2). Aínda que o Santaballés levou a iniciativa no comezo, foi o Guntín quen fixo o 0-1 por medio de Diéguez. Porén, os chairegos responderon rápido e empataron antes do final dunha primeira parte gris de ambos conxuntos. Na segunda metade, os laranxas golpearon de novo por medio de Salim logo dunha boa acción de xogo directo, pero Novás empatou a contenda desde os once metros nunha pena máxima que forzou el mesmo, anotando así un 2-2 que se mantivo ata o asubío final.
A tanda de penaltis decantouse a prol dun conxunto local que anotou 4 dos 5 lanzamentos para eliminar ao Guntín da competición copeira.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
O Atlético Escairón supera ao Castro con claridade (2-0). Partido gris no Saviñao, no que ningún dos dous equipos mostrou unha boa versión e apenas inquedaron as porterías rivais na primeira metade. Tras a reanudación, os locais mostraron a súa ambición e conseguiron adiantarse por medio de Julito e sentenciar con outro de Vilachá. O Castro, pola súa banda, enviou dous balóns aos paus, pero finalmente quedou eliminado da copa ante un rival moi serio.
![copa](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/02/Cartel-Entroido-2024-1.png)
O Meira sorprende ao Burela nun partido impecable (3-0). Predominaba o xogo directo na Lomba ao longo dun primeiro tempo no que os locais levaban a iniciativa pero non inquedaban a meta mariñá, pero no segundo tempo os de Labrada sí foron quen de xerar moito perigo e, de feito, anotaron 3 tantos para eliminar da Copa a un dos equipos máis en forma da provincia. O Burela non baixou os brazos pero o bo facer meirense impediu ningún tipo de reacción e a victoria quedou na casa.
O Monterroso cae ante o Lemos con dignidade (1-2). O fútbol directo caracterizou unha primeira metade na que Dani Arias adiantou aos seus, pero un Monterroso orgulloso conseguiu o empate por medio de Crespo. Desde o 1-1, o Lemos levou a iniciativa e os locais conseguiron conter os ataques visitantes. O partido decidiuse mediado o segundo tempo, cun gol nun balón parado no que os locais pediron falta ao porteiro, pero o colexiado concedeu o tanto. Na recta final os vermellos volcáronse na procura do empate e os monfortinos puideron sentenciar en varios contragolpes.
O Chantada Atlético supera con claridade ao Riotorto (1-4). Este duelo correspondeu aos octavos de final, polo que os chantadinos xa están clasificados para cuartos de copa. Chegaba o Riotorto moi mermado ao partido, con numerosas baixas que condicionaron o choque. Aínda que Adrián Román estrelou un disparo no longueiro no comezo, o Chantada Atlético foi medrando co paso dos minutos e fixo o 0-1 antes do descanso ao aproveitar un desaxuste defensivo. Xa no segundo tempo, os visitantes ampliaron a renda ata o 0-4 e, no final do choque, os locais anotarían o gol da honra.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)